En “1 semana, 1 coworker” falamos cos nosos coworkers para que nos conten un pouquiño sobre o seu traballo e como se sinte facelo dende O Pazo de Arenaza. 


Hoxe falamos con Xosé Ramón e Silvia, responsables do proxecto da Ruta da Nacional VI. Xose Ramón ya foi partícipe dun “1 semana, 1 coworker”, pero hoxe veu acompañado con Silvia para contárnolo todo sobre este novo proxecto.


  1. En que consiste o voso proxecto?


Ruta da Nacional VI xurde como parte dunha historia, dunha experiencia de viaxar, de facer a Ruta 66 e pensar, agora case crer que a Nacional VI, a nosa estrada radial, a que comunica Madrid con A Coruña é a nosa Ruta 66 española. 


A verdade e que é unha aventura pasar por alí. Hai moreas de cousas que descubrir, moreas de recursos especialmente turísticos, e agora temos a oportunidade para podelo explotar. 


A idea é arrincar o proxecto o ano que ven, 2022. Formamos parte da primeira aceleradora turística galega “Turislab”, impulsada pola Xunta de Galicia e estamos con moitísimas ganas para facer que esto sexa a sorpresa turística do próximo ano.


  1. Por que traballar en Arenaza?


Pois nos inauguramos realmente o coworking de Arenaza. Seis meses antes de que abrira estabamos pendentes de cando abría porque sabíamos que se ía a poñer en marcha e parecíanos un proxecto superinteresante non só para nós, senon para todo o tecido de start-ups, de xente que está comezando coa súa empresa. E está de lado da casa, en Oleiros, e tiñamos moitas ganas de vir.


Chegamos dos primeiros, chegamos cun proxecto de axencia de comunicación, que somos especialistas en marketing e comunicación, e este ano xurdíu a idea do proxecto da Ruta da Nacional VI e deixámolo todo para centrarnos nese proxecto.


Que nos aporta estar aquí? Pois estar en contacto con outros profesionais cos que temos moitas sinerxias moitas veces. Non estar só na casa traballando, estar en comunidade… que para nós é algo moi bo, e estar nunhas instalacións que son un auténtico luxo. É un privilexio estar aquí, estamos superencantados a verdade.


  1. Se o voso proxecto fose unha viaxe en coche, en que fase estaría?


Se o voso proxecto fose unha viaxe en coche…, realmente o noso proxecto é unha viaxe en coche estariamos a piques de arrincar. Eu creo que temos as maletas feitas, estamos metendo as últimas maletas, e estamos casi ahí, con todo preparado, a ruta moi clara, que neste caso a ruta está clarísima. Unha ruta que comeza no Pazo de Arenaza, a Nacional VI pasa xusto pola parede do Pazo, estamos escoitando ruido de coches todo o día cando saímos a fora que é da nosa nacional. Estamos listos para arrincar.


  1. A donde vos gustaría chegar co proxecto?


Gustaríamos chegar a consolidar o proxecto, que fora non só unha realidade, pero que fora unha diversión para tantos, para moitos, para milleiros de persoas que convertiran o que nós pensamos como unha idea ou un soño nunha realidade. E de súpeto toda a propia estrada, eses 600km tiveran unha nova vida e se convertiran nun acicate para conseguir asentar poboación, para disfrutar de novas propostas, para convertir a estrada nunha estrada de aventura para coñecer o descoñecido. Pasalo bomba realmente.


  1. Unha canción imprescindible para escoitar nun roadtrip?


Dende logo a nosa canción últimamente que máis sona na radio do noso coche é a Route 66, xeralmente de Depeche Mode. Esta motívanos moito e lévanos a… púxemola moito na viaxe pola Ruta 66 de hai uns anos que nos inspirou á idea de facer este proxecto da Ruta Nacional VI, co cal creo que é a canción. Se hai unha canción, esta é a canción.


  1. Onde vos podemos atopar?


O proxecto, a Ruta da Nacional VI é doada de atopar unha páxina web que é rutanvi.com  ou en redes sociais, en calquera rede social: Twitter, Facebook, Instagram, Telegram… como @rutadelanvi e xa está, non hai problema para poder atopar.




Ata aquí o “1 semana, 1 coworker” de hoxe, volveremos en dúas semanas con máis testemuñas dos nosos coworkers.


Be the first one to leave a comment!
Sign in or join to post new comments