En “1 semana, 1 coworker” falamos cos nosos coworkers para que nos conten un pouquiño sobre o seu traballo e como se sinte facelo dende O Pazo de Arenaza. 


Hoxe falamos con Virginia Romera, copywritter que traballa dende o Pazo de Arenaza.


  1. Preséntate! Dinos quen es, a que te dedicas e cal é o teu proxecto actual. 


Hola son Viriginia Romera e traballo de copywritter especializada en storytelling. O que fago é escribir textos que emocionen, que sexan diferentes, que sexan atractivos, que capten a esencia dos profesionais e das marcas que me contactan para que cheguen aos seus clientes ideais. Gústame dicir que son a traductora do que os meus clientes queren dicir e os seus clientes queren escoitar. 


Traballo aquí no Pazo de Arenaza, no coworking e é marabilloso.


  1. Cóntanos máis sobre o teu proxecto. Como xurdiu? 


O meu proxecto xurdíu pola necesidade de liberdade. Eu traballei tanto na empresa privada como na pública e din un cambio bastante importante aos 40 anos para o que realmente me gustaba, que era escribir, o que eu penso que é meu don.


Entón traballei en dúas axencias de marketing e publicidade pero realmente vin que quería especializarme máis, porque traballaba tamén nas redes sociais, en blogs, en marketing nun sentido máis amplo. Empecei o meu proxecto tamén nun sentido amplo pero dinme conta da necesidade de especializarme no que se me daba ben e era unha necesidade, que era o copywritting. 


Entón, fixen unha mentoría coa mellor copywritter de habla hispana que é Rosa Morel, e dinme conta que efectivamente había unha necesidade e unha especialización necesaria nese campo. Entón xurdíu de ahí.


De ahí eu fíxenme freelance, porque a verdade e que é a mellor maneira do contacto directo do cliente, porque me dei de conta que nas axencias había demasiados intermediarios e perdíase moita información moi relevante. Entonces así xurdíu o meu proxecto.


  1. Que vantaxes cres que ten traballar nun coworking frente a unha oficina tradicional?


Traballar nun coworking, para as persoas que somos máis creativas, da unha sensación de fluidez, de contacto con outras persoas, outros proxectos, que ademáis tamén poden axudar e eles te axudan. E non te sintes soa, eu penso estar nunha oficina sola, ou tamén traballaba na casa antes de entrar aquí e bueno, non é o mesmo, eso que as veces eu necesito un pouco de tranquilidade e bueno, necesito estar nun momento de soedade. Pero realmente, o resto do tempo, o poder tomar un café cos meus compañeiros, falar de cousas, de emprendemento, dos mesmos problemas… todo eso creo que axuda moito. Polo menos a min axudoume moito nos momentos malos, e tamén para compartir os momentos bos.


  1. Que é o que máis che gusta de traballar en Arenaza?


A verdade e que Arenaza, claro, é un Pazo entón eu síntome como unha privilexiada a verdade. Eu coñecín o Pazo porque viñen a ver a unha persoa que era clienta, que era unha profesional que quería escribir os textos da súa web, que os escribimos e quedaron moi bonitos, e a verdade que cando viñen aquí eu dixen: e que esto é unha marabilla, poder traballar nun Pazo. 


Eu donlle moita importancia aos espazos, as cousas materiais, tamén me gustan moito os libros físicos,a madeira, a pedra, o espazo ten un encanto especial este sitio, sentín esa enerxia a primeira vez que entrei. Eu dixen: e como hai que facer para traballar aquí? Entonces explicoume o procedemento e presentoume a Miguel e bueno, a partir de ahí puxen a miña candidatura e a verdade a nivel creativo creo que produce moi boas sinerxias, hai moi boa enerxía neste lugar. 


  1. Cales son as vosas tres cousas imprescindibles á hora de traballar?


Imprescindibles? A miña cabeza, as miñas mans e un ordenador ou unha libreta. 


  1. Que é o que máis che gusta do teu traballo?


O que máis me gusta é coñecer novas historias. Cando collo un proxecto novo, un cliente novo, é descubrir como xurdíu o proxecto. Eso para min como que me enche moito. Coñecer todo o que hai detrás é marabilloso. Porque todo o mundo pensa que non é nada diferente, que non fai as cousas de maneira distinta e realmente todas as empresas e todos os emprendedores, as historias que hai de como comezan son marabillosas, entón a min eso, e poder contalo paréceme a bomba. Poder traballar no que che gusta é marabilloso.


  1. Cal é un mito do coworking que te gustaría desmentir?


Que iba a ser complicado concentrarse con xente entrando e saíndo ás veces, porque claro realmente compartes un espazo, unha habitación, unha sala… e pensaba que me iba a costar máiss concentrarme nese espazo, traballar eu. Porque a verdade a miña forma de traballar é moi individual, porque escribo, pero realmente non. Creo que é doado. Te metes no teu espazo e a xente é moi respetuosa, cando ten que falar pois vaise e bueno, pode haber momentos puntuais nos que haia un pouco máis de ruído, pero en principio se traballa bastante ben cos compañeiros e compañeiras.


  1. Xa para rematar, recoméndanos algo: unha película, unha serie, un podcast, algún contido de rrss, un libro… O que ti queiras!


Bueno non sei… a min A Vida de Brian como película é a primeira que se me ven a cabeza. Un libro… pois a min gústame moito Murakami e bueno, calquera dos seus de relatos ou 1Q84 é tremendo. Podcast… o da miña mentora Rosa Morel, aínda que está un pouco inactivo.


  1. Onde te podemos atopar?


Podedes contactarme na miña web virginiaromera.com e nela hai un formulario de contacto, hai un email, hola@virginiaromera.com . Na web tendes os enlaces a meu LinkedIn, Facebook, Instagram, Twitter… e podédesme contactar por calquiera de esas vías. Estarei encantada de atendervos e axudarvos no que poida. Encantaríame axudarvos a contar as vosas historias.



Ata aquí o “1 semana, 1 coworker” de hoxe, volveremos en dúas semanas con máis testemuñas dos nosos coworkers.



Be the first one to leave a comment!
Sign in or join to post new comments