En “1 semana, 1 coworker” falamos cos nosos coworkers para que nos conten un pouquiño sobre o seu traballo e como se sinte facelo dende O Pazo de Arenaza.
Hoxe falamos con Nuria e Miriam, fundadoras de Viravira Estudio e “residentes” do Pazo de Arenaza.
Presentádevos
Ola, somos Nuria e Miriam, somos Viravira Estudio e nos dedicamos ao deseño gráfico e xestión de redes sociais.
Contádenos máis sobre o voso proxecto. Como xurdiu?
Nós coñecémonos estudando xuntas a carreira e, unha vez finalizamos a carreira, cada unha especializouse pola súa conta estudando diferentes masters. Cando xa pasou ese tempo volvimos a reencontrarnos e a falar do noso futuro laboral xuntas e saleu a posibilidade de emprender un proxecto e montar entón o noso propio estudio.
Que vantaxes ten traballar nun coworking frente a unha oficina tradicional?
Pois principalmente o aforro, xa que aquí compartimos gastos e é moito máis fácil. E tamén as sinerxias que poden xurdir entre os compañeiros.
Que é o que máis vos gusta de traballar en Arenaza?
A primeira cousa por encima de todo o resto e a posibilidade de traballar con Miriam, xa que ambas víñamos cada unha de traballar na nosa casa, xa que compartir espazo axúdanos a traballar máis rápido e moito mello.
Por outra parte, por suposto o espazo, que é unha auténtica maravilla poder presumir de que traballas nun pazo.
Cales son as vosas tres cousas imprescindibles á hora de traballar?
O ordenador, o móbil e sobre todo, o máis importante, botarnos unhas risas xuntas.
Que é o que máis vos gusta do voso traballo?
O que máis nos gusta do noso traballo é o acompañamento que facemos coas marcas, con estas pequenas empresas no momento de crear as súas identidades e ver como medran os seus proxectos, sexan de nova creación ou sexan proxectos que xa existían.
Cal é un mito do coworking que vos gustaría desmentir?
Pois gustaríanos desmentir o tema da concentración, de que compartindo espazo con outra xente non nos concentramos en facer o noso traballo e é moito máis difícil.
Eso é falso, xa que cada un está ao seu e é moi fácil traballar.
Xa para rematar, recomendádevos algo: unha película, unha serie, un podcast, algún contido de rrss, un libro… O que vos queirades!
En vez de recomendarvos algún contido en específico, o que nós vos recomendaríamos e que consumades contido de pequenos creadores, pequenas marcas, consumo local, e demáis, que hai moitas contas en redes sociais, moitas páxinas web, blogues incluso… moi interesantes e ademáis estamos apoiando o pequeno comercio.
Onde vos podemos atopar?
Para calquer servicio de deseño gráfico, redes sociais, formación… podedes atoparnos en redes sociais como @viraviraestudio ou na nosa páxina web viraviraestudio.com.
Ata aquí o “1 semana, 1 coworker” de hoxe, volveremos en dúas semanas con máis testemuñas dos nosos coworkers.