Esta semana tivemos unha nova formación no Pazo de Arenaza, na que Félix Puime Guillén impartíu “Divide e triunfarás”, unha introdución á contabilidade de custos. Félix Puime é Profesor Doutor do Departamento de Empresa da Universidade da Coruña, autor de numerosas publicacións en revistas especializadas en finanzas e poñente en congresos científicos nacionais e internacionais.
O teu punto morto
Esta formación busca iniciar ao alumno na contabilidade de custos centrándose no “Punto morto”.
O punto morto ou de equilibrio é ese momento na vida dunha empresa ou proxecto no que nin se gaña nin se perde cartos, en definitiva, o primeiro obxectivo dun proxecto de nova creación. Canto terás que vender para non perder cartos? Ahí está o punto morto.
Contidos da sesión
A sesión comezou cunha explicación dos diferentes tipos de custos que pode chegar a ter unha empresa ou proxecto, para pasar a explicar como calcular cada un deles.
Rematou coa fórmula para calcular o punto morto e moitos consellos para chegar a ese punto.
PARA GOZAR DESTAS FORMACIÓNS…
A que foi interesantísima? Esta formación impartida por SECOT foi exclusiva para os coworkers do Pazo de Arenaza. Así que se non queres perderte ningunha destas formacións nin das outras vantaxes que supón traballar no Pazo, inscríbete na nosa web.
Se queres estar ao tanto de todo o que vai pasando no pazo, presta atención a este blog, ás nosas redes sociais e á nosa páxina web. Moi pronto volveremos con máis novidades!