Se estás preparando a comunicación do teu proxecto ou empresa, probablemente estarás pensando que redes sociais queres e debes usar para dalo a coñecer en Internet. Neste proceso tocarache decidir se queres crear unha conta de TikTok ou non.


TikTok é unha rede social con máis de mil millons de usuarios, centrada en vídeo curto vertical e que ten unha capacidade de alcance que non consigue ningunha outra rede social, pero é axeitada para ti? Só terás que responder a estas 5 preguntas.


Entendo o tipo de contido que teño que subir a TikTok?


O contido que se sube a TikTok son vídeos verticais de máximo de 3 minutos (ou 10 dependendo da túa conta), lixeiros e moi dinámicos. Dependendo do tipo de proxecto poderán ser máis ou menos serios, pero o que a maioría de usuarios aprecia é romper con toda forma de “corporativismo”. Marcas coma DuoLingo ou Ryanair son exitosas nesta rede por deixar atrás esta seriedade do mundo corporativo e estar atentos a cada trend e meme que se presente. 


Por outra banda, TikTok non son só bailes e trends, a xente cada vez máis premia o contido orixinal. Os sons de tendencia son unha boa estratexia para chegar a un público máis xeral, pero o teu obxectivo vai querer contido que lles aporte algo.


Está o meu público obxectivo en TikTok?


Se a alguén lle gusta, está en TikTok. A forma na que funciona o algoritmo permite que en TikTok haia oco para case calquera tipo de contido. Falas sobre física cuántica? TikTok atopará a alguén que lle guste ese contido e llo ensinará.


Pero, esto non quita que o usuario medio de TikTok ten entre 16 e 24 anos, e que se o teu proxecto ten como público obxectivo persoas de 50 anos con capacidade adquisitiva alta, non ten sentido que esteas en TikTok.


Cal é o meu obxectivo?


Todo o que se fai dentro dunha marca ten que ter un obxectivo claro. Para que queres TikTok? Para conseguir máis visibilidade? Para crear imaxe de marca? Para conseguir ventas?  Queres facer unha labor máis divulgativa?


O teu obxectivo condiciona TODO, o tipo de contido que queres facer, o tipo de audiencia á que queres chegar… E sobre todo, se non o tes claro e só queres TikTok por estar ahí, merece a pena?


Que aporta este formato a miña marca?


Esta pregunta parece que se repite un pouco das anteriores, pero é vital. TikTok ten un formato moi específico, pero este formato corresponde co estilo da miña marca? Apórtalle algo novo que sexa un vídeo curto ou vai ser o mesmo que o escriba en outra rede como LinkedIn ou Twitter?


Se non aporta un valor engadido, por que queres estar en TikTok?


Podo asumir o custo de TikTok?


Con todas as preguntas anteriores non queremos que decidas non usar TikTok, simplemente queremos que lle des un sentido a por que o estás usando. Con todo, esta pregunta pode ser a que defina se abres unha conta ou non. Podes asumir o custo de TikTok?


O algoritmo de TikTok funciona dunha forma moi sinxela. Ti subes un vídeo, TikTok interpreta de que vai e llo ensina a unha cantidade X de persoas (é moi importante saber que TikTok úsase a través da páxina para ti, non dos seus seguidos como as outras apps, entras para ver que te recomenda o algoritmo), se esta xente se queda no vídeo, dalle a me gusta, comenta… TikTok interpreta que lles gustou e llo ensina a outra cantidade X de persoas. E así ate o infinito. Agora, hai moitas cousas que podes facer para que o número X inicial de persoas sexa maior e teñas a oportunidade de chegar a máis xente.


A primordial é a frecuencia de subida. En TikTok é VITAL subir MÍNIMO un vídeo ao día (os expertos recomendan entre 3 e 5). Que significa isto? Que crecer e manter unha conta de TikTok supón moito tempo e consume bastantes recursos. Subir un ou dous vídeos á semana como farías noutras redes, non vai funcionar en TikTok. Se tes sorte poderás conseguir un hit, pero non reterás unha audiencia.


Por isto, saber se vas a poder asumir o custo de ter e manter unha conta de TikTok que funcione, pode ser determinante á hora de decidir se comezar a subir contido.


Cales foron as túas respostas?


Se as respostas a estas preguntas son positivas, non sei a que esperas. Se por outra banda son negativas, non te apenes, o máis importante é darte conta antes de invertir tempo e recursos nunha rede social que non te vai a dar o que buscas. E é que TikTok é marabillosa, pero ao mellor non encaixa co teu proxecto.

 

Se queres estar ao tanto de todo o que vai pasando no pazo, presta atención a este blog, ás nosas redes sociais e á nosa páxina web. Moi pronto volveremos con máis novidades!



Be the first one to leave a comment!
Sign in or join to post new comments