Moitas veces nos vemos abrumados polo número de tareas que temos pendentes e aprender a xestionalas pode ser complicado. As mellores metodoloxías de xestión de proxectos son as chamadas agile ou áxiles, que buscan dinamizar os procesos de traballo. 


Da igual que traballes de forma individual ou en equipo, coñecer as bases de agile pode aforrarte moitas dores de cabeza.

 

Na publicación de hoxe imos falar un pouco do método Kanban.


Que é Kanban?


Kanban é unha metodoloxía xaponesa que significa literalmente “tarxeta con signos” ou “señal visual” que se soe aplicar en taboeiros. O máis básico está composto por tres columnas “por facer”, “en proceso” e “feito”.

 

O que busca é representar visualmente o traballo e ver onde hai obstáculos e problemas.


Como usar Kanban?


Para comezar a usar a metodoloxía Kanban o primeiro que debes facer é dividir o teu traballo en pequenas tarefas. Por exemplo, se tes que levar as redes sociais do Pazo de Arenaza, que tarefas específicas tes que facer? Crear unha estratexia, facer as publicacións de Instagram, as publicacións do blog…

 

Ademais, tes que dividir o teu taboeiro en columnas. O máis básico ten “Por facer”, “En proceso” e “feito”, pero ao mellor precisas algunhas columnas máis. Por exemplo unha de “Ideas”, para cousas que están no aire e non definidas, ou unha de “Revisións”, cando unha tarefa está feita pero non se pode pechar porque precisa aprobación (dun xefe ou cliente).

 

Tamén podes engador taboeiros de actividades específicas. Por exemplo, se creas moitos vídeos, terás columnas coma “idea”, “guion”, “grabación”, “edición”, “cor”... As posibilidades son infinitas.

 

Os taboeiros


Pero, onde podes facer os teus taboeiros? Só precisas unha parede e post-its, que irás cambiando de columna a medida que se vai completando o proceso. Podes facelo tamén con pizarras.

Se es máis de dixital hay un montón de aplicacións que permiten aplicar o método Kanban (Notion, Trello, Nifty…), pero podes facelo con algo tan sinxelo coma unha táboa de excel.

 

Aplicarás a metodoloxía Kanban ao teu traballo?

 

Traballar no Pazo só trae vantaxes, sabías que temos postos dispoñibles e está aberto o prazo de solicitudes? Podes solicitar un nesta ligazón

 

Se queres estar ao tanto de todo o que vai pasando no pazo, presta atención a este blog, ás nosas redes sociais e á nosa páxina web. Moi pronto volveremos con máis novidades!

 


Be the first one to leave a comment!
Sign in or join to post new comments