En “1 semana, 1 coworker” falamos cos nosos coworkers para que nos conten un pouquiño sobre o seu traballo e como se sinte facelo dende O Pazo de Arenaza. 

 

Hoxe falamos con Carlos Álvarez, responsable e promotor de Amodo Campers Experience.

 

 

  1. Preséntate! Dinos quen es, a que te dedicas e cal é o teu proxecto actual. 

 

Ola, son Carlos Álvarez e son o promotor de Amodo Campers Experience. No meu proxecto fago funcións de touroperador en base a alquiler de vehículos Camper e unha segunda fase do proxecto. Primeiro estamos facendo probas en base ao aluguer e despois virán cousiñas que aínda non podo desvelar.

 

  1. Cóntanos máis sobre o teu proxecto. Como xurdiu? 

 

Este proxecto leva anos rondando na miña cabeza; eu antes dedicábame a cociñar e mentres cociñaba tiña moito tempo para pensar e un dos meus hobbies é a natureza, estar ao aire libre, viaxar, sentir un pouco a liberdade… e en base ao meu hobbie empecei a traballar neste proxecto onde vou unificar diferentes sectores.

 

  1. Que vantaxes cres que ten traballar nun coworking frente a unha oficina tradicional?

 

A vantaxe principal para min é o socializar cos compañeiros e a sinerxias coas demáis empresas que compartimos aquí este espazo.

 

  1. Que é o que máis che gusta de traballar en Arenaza?

 

O que máis me gusta de traballar no Pazo de Arenaza é poder disfrutar do xardín, que ten un xardín moi bonito e ten paxariños por ahí cantando todas as mañás e ademáis, o que comentaba anteriormente, o poder compartir as ideas, os problemas diarios das empresas cos compañeiros, nos cafés, na comida…

 

  1. Cales son as túas tres cousas imprescindibles á hora de traballar?

 

Unha primeira pode ser a organización, que é moi importante á hora de empezar a traballar organizar o día de traballo. E despois un ordenador, unha libreta e o teléfono que non pode faltar.

 

  1. Que é o que máis che gusta do teu traballo?

 

O que máis me gusta do meu traballo é a satisfacción dos clientes cando regresan, ver esas caras de felicidade e que contan un pouco a súa experiencia de viaxar e de sentir esa experiencia de liberdade, de poder durmir cada día en lugares diferentes… a experiencia do cliente, que en principio todas son moi positivas.

 

  1. Cal é un mito do coworking que te gustaría desmentir?

 

Un mito do coworking… pois os custos. Este espazo de Arenaza grazas á Deputación é gratuito, entón agradezo esa posibilidade de traballar nun Pazo como este.

 

  1. Recoméndanos algo: unha película, unha serie, un podcast, algún contido de rrss, un libro… O que ti queiras!

 

Unha película que recomendo é Into the Wild de Sean Penn, é do ano 2005… 2006… e está baseada nun libro do ano 95 onde relata a historia de un rapaz que recén termina a carreira universitaria emprende unha vida nómada entón paréceme moi interesante.

 

  1. Promociónate, onde podemos atopar o teu proxecto?


O proxecto Amodo Campers podese atopar en redes sociais en Facebook e Instagram como @amodocampers e despois na páxina web de amodocampers.com onde hai máis información detallada do proxecto e actualmente hai unha landing e a web oficial tarda un pouquiño máis en saír. E nada, en google maps en Alquiler Camper Coruña e ahí estamos.



Ata aquí o “1 semana, 1 coworker” de hoxeSe queres estar ao tanto de todo o que vai pasando no pazo, presta atención a este blog, ás nosas redes sociais e á nosa páxina web. Moi pronto volveremos con máis novidades!

Be the first one to leave a comment!
Sign in or join to post new comments