Comezar a comunicar o teu proxecto sen ter un rumbo marcado é moi mala idea, por iso precisas un plan no que deixar marcado todo o que queres facer e por que. Unha das cousas máis importantes á hora de crear o plan de marketing e comunicación son os obxectivos.


A importancia dos obxectivos


E é que marcarse obxectivos define o que queres facer, o que queres conseguir con este plan, e se sabes o que queres facer e conseguir, será máis fácil definir cales son as accións específicas para facelo.


Ademáis, unha vez estés no proceso de levar a cabo as accións marcadas no plan, poderás medir se están funcionando ou non segundo cumpras ou non os obxectivos.


Os tipos de obxectivos de marketing


Hai dous tipos de obxectivos dentro de un plan de marketing: os xerais e os específicos.


Os obxectivos xerais


Os obxectivos xerais dun plan de marketing marcan o que se quere conseguir de cara ao proxecto en xeral. Por exemplo: vender máis mentorías ou dar a coñecer a miña película.


Basicamente, que partes do proxecto queremos que sexan conseguidas por este plan. Consolidar a túa marca, conseguir leads, dar a coñecer o proxecto…


Estes son moi importantes para saber que accións crear na estratexia. Non é o mesmo que busques vender máis cursos que facer unha labor de divulgación sobre a economía circular; xa que a tipoloxía de contido elixido variaría.


 Os obxectivos específicos


Os obxectivos específicos dun plan de marketing son os que queremos conseguir coas accións especificadas no plan. Por exemplo: conseguir 100 seguidores en Instagram ou 50 respostas ao formulario da web.


Estes obxectivos deben estar alineados cos obxectivos xerais, por exemplo subir o número de impresións iría asociado a un obxectivo xeral de dar a coñecer o proxecto e subir os seguidores iría asociado a un obxectivo xeral para conseguir fidelizar a unha audiencia.


Os obxectivos específicos dun plan de marketing teñen que ser SMART.


Os obxectivos SMART


SMART son unhas siglas que definen as características que deben ter estes obxectivos. Así, os obxectivos específicos deben ser:


  • Specific (Específicos). Bastante redundante, pero teñen que ser específicos a cada acción do plan de marketing. Non podes dicir por exemplo: aumentar o número de seguidores. Terás que especificar a rede na que queres conseguir máis.
  • Mesurable (medibles). A meta debe ser específica. Tes que especificar a cantidade ou porcentaxe que se medirá, por exemplo conseguir 1000 seguidores en TikTok ou aumentar nun 20% as ventas do curso administrativo.
  • Achievable (alcanzables). Deben de ser obxectivos realizables, non podes pedir 10.000 ventas ou 1 millón de impresións se acabas de comezar, tes que ser realista.
  • Relevant (relevantes). Así como deben ser realistas, teñen que plantexar certa dificultade e ter relevancia no proxecto. Por exemplo, se queres aumentar a visibilidade do teu proxecto non podes marcar conseguir 100 impresións en Instagram, por moito que eso sexa alcanzable non terá relevancia no teu obxectivo xeral.
  • Timely (temporais). Por último, os obxectivos específicos deberán ter unha data límite. Un momento no que ese obxectivo terá que ser conseguido.


Así, un bo obxectivo SMART sería: “Conseguir 1000 seguidores en TikTok en 6 meses”


Que pasa se non cumplo os meus obxectivos?


A resposta é moi galega, depende. E é que cada proxecto é un mundo, moitas veces pode significar que as accións que estás realizando non son as adecuadas e precisas cambiar a túa estratexia. Outras veces pode significar que marcastes uns obxectivos inalcanzables ou erróneos e terás que replantexalos. E outras, que simplemente o que non funciona é o proxecto en xeral e terás que replantexar outras cousas.


Sabías que traballar no Pazo só trae vantaxes?, Pois temos postos dispoñibles e está aberto o prazo de solicitudes! Podes solicitar un nesta ligazón.

 

Se queres estar ao tanto de todo o que vai pasando no pazo, presta atención a este blog, ás nosas redes sociais e á nosa páxina web. Moi pronto volveremos con máis novidades!



Be the first one to leave a comment!
Sign in or join to post new comments