Ser emprendedor significa ter que aprender sobre moitas cousas, pero non sempre temos o tempo nin o presuposto para poder formarnos. Por iso, os cursos online gratuitos son o noso mellor aliado.


A vantaxe principal dos cursos online é que podes xestionalos coma prefiras, facelos a pouquiños ou todos de golpe. Ademáis, hai alternativas gratuitas como as de Google Actívate ou LinkedIn Learning que ofrecen cursos gratuitos con certificación.


Imos a repasar os mellores cursos de Google Activate para emprendedores.


5 CURSOS DE GOOGLE ACTIVATE PARA EMPRENDEDORES


1. Productividade persoal


Ferramentas e procesos para ser máis productivo á hora de crear o teu proxecto.


8 módulos. 40 horas. Nivel: Principiante.

→ https://learndigital.withgoogle.com/activate/course/personal-productivity 


2. Planificación e orzamento


A planificación do orzamento pode ser un dos aspectos máis complicados dun emprendemento se non te dedicas as finanzas. Neste curso aprenderás a crear orzamentos en Google Sheets e analizar os teus datos.


7 módulos. 8 horas. Nivel: Principiante.

→ https://learndigital.withgoogle.com/activate/course/create-budget-google-sheets


3. Dixitaliza o teu negocio con ferramentas de Google


Dixitalizar o teu proxecto pode parecer unha tarefa complicada, por iso Google pon a túa disposición un curso para que utilices as súas ferramentas para facelo.


2 módulos. 1.5 horas. Nivel: principiante.

→ https://learndigital.withgoogle.com/activate/course/get-business-online


4. Fundamentos do marketing dixital


Un curso que explica os fundamentos básicos do marketing dixital acreditado por IAB. Sen dúbida unha das mellores opcións para comezar a comprender o mundo do marketing para o teu proxecto


25 módulos. 40 horas. Nivel: principiante.

→  https://learndigital.withgoogle.com/activate/course/digital-marketing


5. Ecommerce: comercio dixital


O curso perfecto se buscas transformar o teu negocio tradicional nun negocio online ou lanzar a túa idea en Internet.


8 módulos. 40 horas. Nivel: Principiante.

→ https://learndigital.withgoogle.com/activate/course/ecommerce


Sabías que traballar no Pazo só trae vantaxes? Entre elas acceder a un catálogo de cursos e formacións completamente gratuitas, ademáis de todas as formacións presenciais que se imparten no Pazo.

 

Temos postos dispoñibles e está aberto o prazo de solicitudes! Podes solicitar un nesta ligazón

 

Se queres estar ao tanto de todo o que vai pasando no pazo, presta atención a este blog, ás nosas redes sociais e á nosa páxina web. Moi pronto volveremos con máis novidades!

Be the first one to leave a comment!
Sign in or join to post new comments