Cantas horas ao día adicas ao teu emprendemento? Canto tempo da túa xornada usas para cada cliente? Estas preguntas non sempre teñen unha resposta marcada. A primeira, porque aínda nos momentos que non tes asignados a estar traballando seguro que axendas algunha reunión ou respondes a emails; e a segunda, porque probablemente traballes con varios clientes simultaneamente. Pero ter unha resposta clara para elas é vital para un emprendemento exitoso.


Saber exactamente cantas horas traballas axudará a xestionar mellor o balance entre a túa vida profesional e persoal, ademais de poder ver se o que gañas co teu traballo se axusta ao que deberías estar gañando. E saber canto tempo adicas a cada proxecto ou cliente, axudará a poder marcar uns prezos máis exactos.


Nesta publicación imos facer un repaso dalgunhas ferramentas que axudarán a mellorar a xestión e seguimento do teu tempo de traballo.


Aplicacións para xestionar o teu tempo


A xestión do tempo baséase máis no método usado que na aplicación, e é que cun bo método só precisas un reloxo, un papel e un bolígrafo, pero neste post repasaremos aplicacións tecnolóxicas para facer este proceso máis sinxelo.


Follas de cálculo


Con programas coma Excel ou Google Sheets podes crear unhas sinxelas follas de cálculo nas que separes os proxectos e tarefas e vaias engadindo o tempo usado para cada unha. Iso si, precisas un cronómetro externo que te axude a calcular con exactitude cada tarefa.


Toggl


Toggl é unha ferramenta que permite facer un seguimento no número de horas que adicas a unha ou varias actividades ou proxectos. O seu funcionamento é moi sinxelo, creas as tarefas e activas o cronómetro cando comeces a traballar nelas. 


Podes paralo cada vez que fagas un descanso e contará todas as horas de traballo ininterrompido, ademais creará informes para ter dunha forma visual os teus datos de traballo.


Nifty


Nifty é unha ferramenta de xestión de proxectos. Ten de todo: espazos de traballo, kanban boards, roadmaps, documentos, tarefas, chats, debates… un todo terreo da produtividade. Pero unha das súas funcións máis destacadas é a de “time tracking”, que permite cronometrar o tempo que pasas en cada tarefa! 

Nifty é a mellor opción se o que buscas é algo que che permita ter todo centralizado nunha mesma ferramenta.


Se tes algún truco ou ferramenta para xestionar o tempo que non houbésemos explicado, non dubides en deixalo nos comentarios! 

 

Para estar ao tanto de todo o que vai pasando no pazo, presta atención a este blog, ás nosas redes sociais e á nosa páxina web. Moi pronto volveremos con máis novidades!

 

E recorda, temos postos dispoñibles e está aberto o prazo de solicitudes! Podes solicitar un nesta ligazón

Be the first one to leave a comment!
Sign in or join to post new comments