Cando comezas a considerar un plan de marketing, probablemente chegarás ao punto de decidir se o teu proxecto precisa ou non presencia nas redes sociais. Un factor que pode determinar a túa decisión é saber que contidos crear.


Da igual que teñas todos os trucos de marketing posibles, se o teu contido non é suficiente, non triunfarás. Por iso, ímoste dar una guía de creación de contido para que as túas redes sociais nunca queden sen el.


A importancia da calidade do contido


As túas redes sociais deberían ter como obxectivo principal construír unha audiencia ao redor do teu proxecto ou marca, e despois xa chegará o momento de vender. (Pero se queres saber máis sobre os obxectivos do teu plan de marketing tes unha publicación nesta ligazón sobre iso)


Os teus contidos deberán ter unha finalidade máis alá de promocionar o proxecto, porque para ver anuncios os usuarios xa teñen as publicacións promocionadas. Esta finalidade pode ser divulgativa, de titoriais, de historias… Busca unha tipoloxía de contido que aporte valor ao usuario e estea ligada co teu traballo. Por exemplo, un proxecto de recursos humanos podería dar consellos sobre atopar traballo, ou unha empresa sostible explicar como implementar a economía circular no día a día.


O público verá este contido como interesante e quedará para velo, tras un par de impresións, comezará a asociar a túa marca con valores positivos.


O contido desbotable


Ademais do contido principal que decidas crear, tamén tes que contemplar crear contido máis sinxelo, contido desbotable. Este é un contido que non irá tan orientado ao teu público obxectivo, senón máis a un público xeral para que a túa marca chegue a máis xente.


Este contido poden ser memes, tendencias… pero sempre todo relacionado coa túa marca. É contido máis sinxelo de crear, pero conleva estar ao tanto de todas as novas.


A chave é crear un balance entre o contido de valor, que vai orientado ao teu público obxectivo, e o contido desbotable, que vai orientado a un público máis xeral.


Para estar ao tanto de todo o que vai pasando no pazo, presta atención a este blog, ás nosas redes sociais e á nosa páxina web. Moi pronto volveremos con máis novidades!

 

E recorda, temos postos dispoñibles e está aberto o prazo de solicitudes! Podes solicitar un nesta ligazón

 

Be the first one to leave a comment!
Sign in or join to post new comments