Estamos rodeados de crises, pero unha das máis preocupantes actualmente é a crise climática. Para poder superala precisamos un esforzo conxunto, que cada persoa, proxecto e empresa cambie a súa forma de vivir, traballar e facer as cousas para unha máis beneficiosa co medio ambiente. 


O 25 de setembro do 2015, a ONU impulsou os obxectivos de desenvolvemento sostible (ODS) para dar continuidade á axenda de desenvolvemento tralos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio (ODM) e emprender un camiño no cal mellorar a vida de todos/as.


Os ODS son 17 obxectivos que deben ser alcanzados para o ano 2030 e requiren a participación de todo o mundo: gobernos, sector privado, cidadáns… e o teu proxecto. Si, o teu. Pero, como podes axudar exactamente?


Cales son os obxectivos de desenvolvemento sostible?

Estes son os 17 obxectivos de desenvolvemento sostible:

Por que aplicar os ODS ao teu proxecto

Aplicar os obxectivos de desenvolvemento sostible ao teu proxecto, ademais de axudar a un ben común, aporta certos beneficios que poden axudar a impulsalo. Entre estes están: axudar a avaliar e xestionar riscos sociais, mellorar a reputación empresarial e imaxe, acceder a talentos potenciais, redución de custos na empresa reducindo os impactos negativos no medio ambiente…

Como aplicar os ODS ao teu proxecto ou empresa

O primeiro que debes facer é ler todos os obxectivos e pensar en cales podes aportar algo ou en cales queres participar, e unha vez fas isto pensa nas oportunidades e riscos que conlevan.


Unha vez avaliados, decide os ODS que queres traballar e expón que obxectivos persoais e metas queres conseguir.


Comeza a traballar con estas metas en mente e fai revisións mensuais, se cumpres os obxectivos, marabilloso, segue así e apunta máis alto, se non os cumpres, revisa que podes mellorar e cambia a túa estratexia.


Sinxelo, a que si? Pois non esperes máis e comeza a cambiar o mundo. 



Para estar ao tanto de todo o que vai pasando no pazo, presta atención a este blog, ás nosas redes sociais e á nosa páxina web. Moi pronto volveremos con máis novidades!

 

E recorda, temos postos dispoñibles e está aberto o prazo de solicitudes! Podes solicitar un nesta ligazón


Be the first one to leave a comment!
Sign in or join to post new comments