Traballas todo o día diante do ordenador? Para os emprendedores o ordenador é a ferramenta principal de traballo, pero pasar demasiadas horas en fronte a un pode supor diferentes problemas de saúde. Por iso, nesta publicación repasaremos 5 consellos para poder traballar todo o día diante dun ordenador sen morrer no intento.


Consellos para coidarte se pasas 8 horas ou máis diante dun ordenador

Os problemas máis grandes que conleva traballar mirando a un ordenador todo o día son os das costas. Así aquí van dous consellos para coidar as túas costas no traballo.

Consellos para coidar as costas no traballo

  1. Usa unha cadeira ergonómica e un apoia pés. Manter unha postura adecuada é vital para evitar problemas de costas, pero usar unha cadeira inadecuada pode facer esta tarefa imposible. Comprar unha boa cadeira pode parecer un custo demasiado elevado, pero podemos asegurarte que aforrarás cartos en masaxes. Ademais, usar un apoia pés, axudarate a manter a boa postura.
  2. Eleva as pantallas. Tanto se usas un ordenador de mesa ou un portátil, é vital que os teus ollos estea á altura da pantalla. Para iso precisarás usar un elevador de portátil e reaxustar o teu monitor, aínda que se non podes asumir ese gasto, sempre podes usar unha caixa de cartón ou uns libros.

Tamén hai outras partes do noso corpo que debemos coidar, como os pulsos e as mans.

  1. Se tes un portátil, usa un teclado e rato independentes. Ao elevar a pantalla do portátil, estás elevando tamén o seu touchpad e o seu teclado, polo que ao final do día probablemente sintas dor nas mans e nos pulsos. Isto pode solucionarse con un teclado e rato independentes que podes conectar, con cable ou bluetooth, ao teu portátil. Non tes por que compralos novos, se tes un vello ordenador de mesa por casa, usa os seus periféricos.

Ademais disto, sempre é preciso fortalecer a musculatura para axudar a manter a postura correcta. Facer estiramentos antes e despois de traballar pode supor un cambio drástico.

Consellos para coidar a mente se traballas diante do ordenador

Agora que todo o teu corpo está asegurado, toca coidar a mente. Pasar moitas horas diante do ordenador asegura dúas cousas: dor de cabeza e nebulosidade. Para evitalas:

  1. Evita a luz azul. Os dispositivos electrónicos desprenden a chamada “luz azul”, que é daniña para os nosos ollos e a nosa mente. Para solucionar isto, non precisas comprar unhas gafas específicas (aínda que tamén podes facelo), simplemente podes activar a “luz nocturna” no teu dispositivo, que mostrará cores máis cálidas e evitará os efectos de pasar o día diante de cores frías.
  2. Descansa de cando en vez. Este é o consello máis importante de todos. Cada hora, levántate cinco minutos, camiña, bebe un pouco de auga… Desconecta a mente do ordenador e déixaa descansar. 

No Pazo de Arenaza temos moi en conta todas estas medidas e promovemos que os nosos coworkers as adopten no seu día a día.

Para estar ao tanto de todo o que vai pasando no pazo, presta atención a este blog, ás nosas redes sociais e á nosa páxina web. Moi pronto volveremos con máis novidades!

E recorda, temos postos dispoñibles e está aberto o prazo de solicitudes! Podes solicitar un nesta ligazón

A próxima semana celebramos a European Freelancers Week no Pazo de Arenaza! Do 17 ao 21 de outubro poderás gozar dun Open Coworking e probar completamente gratis como é traballar en Arenaza, as prazas son limitadas así que se queres probalo inscríbete. Ademáis, o xoves 20 de outubro teremos no Pazo o evento "Catro aprendizaxes para freelancers", no que catro freelancers nos contarán as súas experiencias no sector, o evento comeza ás 10 da mañá! Inscríbete nesta seguinte ligazón.

Be the first one to leave a comment!
Sign in or join to post new comments