O mundo do marketing dixital pode abrumar un pouco, por iso traémoste 5 ferramentas gratuitas de marketing dixital, para poder levar o teu proxecto ao seguinte nivel.

Ferramentas de creación de contido

Comezamos así con dúas ferramentas de creación de contido completamente gratuitas: Canva e InShot.

Canva

Canva é probablemente un dos softwares de deseño máis coñecidos, pero isto é por algo. É unha ferramenta tremendamente flexible na que deseñar e crear contido é moi sinxelo. Canva fai o deseño accesible para todos os públicos.

InShot

Na túa tarefa de mellorar o marketing dixital do teu proxecto, atoparaste nalgún momento coa necesidade de editar algún vídeo. Por iso, ter unha aplicación gratuita e sinxela de referencia evitará moitas dores de cabeza.

InShot é unha aplicación para móbil e tablet na que calquera persona pode editar un vídeo de forma moi sinxela. Se precisas algo para ordenador, DaVinci Resolve é unha boa opción pero precisa uns coñecementos básicos de edición de vídeo, mentres que InShot é rápida e moi intuitiva.

Ferramentas de xestión de redes sociais

Agora que tes o teu contido listo, imos supor que parte del irá para as redes sociais. Por iso, ter unhas boas ferramentas de xestión fará a túa vida máis sinxela.

Metricool

O plan gratuito de Metricool é máis que suficiente para calquera persoa que precise unha pequena axuda na xestión de redes sociais. Dende Metricool poderás programar todas as túas publicacións, así como ver os resultados e impacto das mesmas.

Simplifica o proceso de planificación e análise dos datos, polo que é unha opción marabillosa se estás comezando.

Ferramentas nativas de cada rede

Unhas ferramentas gratuitas que non debemos olvidar son as funcionalidades nativas de cada red social. 

Dende TikTok e Youtube, poderás non só analizar todos os teus resultados, senón que poderás editar e programar os teus vídeos. A ferramenta de programación de Youtube é moito máis poderosa que a de TikTok, pero a ferramenta de edición de TikTok é case como ter InShot ou DaVinci instalado, mentres que a de Youtube é moito máis sinxela e ten menos funcionalidades.

Para Instagram e Facebook, só precisas o Creator Studio ou o Meta Business Manager, onde poderás planificar, editar e comprobar as analíticas de todos os teus contidos.

E é que moitas veces, buscamos aplicacións externas para facer cousas que xa temos dispoñibles completamente gratis.

Carrd

Se tes un proxecto unha cousa que vas a precisar é unha páxina web pero non sempre terás os coñecementos ou o presuposto para  ter unha funcionando. Por iso, unha ferramenta no code como Carrd pode ser a túa salvación.

Poderás crear unha landing page completamente gratis e ter todas as túas ligazóns e contidos nun mesmo lugar. É moi sinxela de usar e podes facer dende unha páxina de enlaces ata formularios. Se sintes que Carrd quédase pequena, comeza a plantexar crear a túa propia web.

 

Para estar ao tanto de todo o que vai pasando no pazo, presta atención a este blog, ás nosas redes sociais e á nosa páxina web. Moi pronto volveremos con máis novidades!

E recorda, temos postos dispoñibles e está aberto o prazo de solicitudes! Podes solicitar un nesta ligazón




Be the first one to leave a comment!
Sign in or join to post new comments