Cando es emprendedor, a túa saúde mental pode quedar enterrada ao fondo da túa lista de prioridades. Por iso, imos comezar unha sección do blogue na que durante as próximas semanas explicaremos diferentes consellos para que lle des a túa saúde mental a importancia que precisa.

Así, esta semana comezamos coa maxia de dicir NON. E é que cando o teu negocio depende do que ti fagas, moitas veces é moi complicado dicir non, porque sentes que debes facelo, porque tes medo de perder clientes ou provedores, porque non queres perder cartos… pero dicir que si a todo só conseguirá afectar a túa saúde mental.

Razóns para dicir non

Non debes olvidar que o proxecto/negocio é teu, ti decides por onde queres ir e ti es a persoa que pon os límites, se non o fas, a xente acabará aproveitándose de ti. Pero, por que outras razóns deberías aprender a dicir que non?

  1. Evitamos a manipulación. O que dicíamos antes, se aprendes a poñer límites e os fas cumplir, poderás evitar que te manipulen e se aproveiten de ti.
  2. Potenciamos a nosa autoestima. Danos unha maior sensación de libertade e control na nosa vida.
  3. Evitamos complicacións. Se dis que si a algo que non ves claro, pode acabar dándote problemas maiores.

Como dicir que non

Agora que xa sabemos por que debemos dicir que non, toca falar dos consellos para aprender a dicilo. 

  1. Practica dicir que “non”. Comeza aprendendo a dicir que non en cousas cotidianas, e a partir de ahí vai escalando. De pouco a máis.
  2. Non te disculpes demasiado. Esto non significa que teñas que dicir que non de forma brusca, pero tampouco te disculpes cada dúas palabras na túa resposta. Confía nas razóns polas que dis que non.
  3. Olvídate de contentar a todo o mundo. É preciso que asumas canto antes que alguén sempre quedará descontento. Tes que traballar sempre dende a empatía, pero sempre dentro dos teus límites, non os movas para contentar a ninguén.


Se es unha persoa a que lle costa dicir que non, é normal que che resulte complicado facelo, pero con práctica e confianza poderás conseguilo.

E recorda, temos postos dispoñibles e está aberto o prazo de solicitudes! Podes solicitar un nesta ligazón

Be the first one to leave a comment!
Sign in or join to post new comments