A soidade é un dos maiores problemas dos emprendedores, sobre todo cando es a única persoa encargada dun proxecto. Por iso, na publicación de hoxe sobre saúde mental imos falar da importancia de ter apoio.

 

Os humanos somos criaturas sociais, polo que precisamos ter un grupo de apoio ao noso redor que nos escoite e co que poder desconectar. Temos que ter dous piares de apoio: profesional e persoal.


Apoio profesional

Cando o teu proxecto depende íntegramente de ti é moi sinxelo comezar a sentirte só. Por iso, contar con alguén que poida axudarte nesta labor é moi importante. Para conseguir esta axuda profesional, podes conectar con xente do teu mismo sector de forma online (grupos de whatsapp, comunidades, linkedin…)

Traballar nunha oficina compartida ou coworking tamén é unha boa iniciativa. Desta forma poderás facer “piña” e atopar un grupo de xente estable ao teu redor co que pasar os teus días, ademais de poder compartir diferentes visións e establecer sinerxias.

Apoio persoal

Tamén precisas ter un sistema de apoio na túa vida persoal. Non todo é o taballo e ter xente coa que pases tempo fora del é igual ou máis importante que o anterior. Podes atopar apoio persoal na túa familia e amigos, pero tamén apuntándote a algunha clase ou ximnasio.

Por último, pero non menos importante, non dubides en buscar apoio psicolóxico dun profesional se ves que a túa saúde mental está comezando a deteriorarse. Non esperes ata o último momento para pedir axuda.

Establece as túas redes de apoio e nútreas, son importantísimas para a túa saúde.

 

E recorda, temos postos dispoñibles e está aberto o prazo de solicitudes! Podes solicitar un nesta ligazón



Be the first one to leave a comment!
Sign in or join to post new comments