Plantexar unha estratexia de contidos nun plan de marketing pode ser abrumador, por iso na publicación de hoxe ímoste dar uns consellos para que sexa algo moi sinxelo.

Primeiro de todo, debes ter en conta que a estratexia é só unha pequena parte do plan de marketing e, con anterioridade, deberías ter definida a túa marca, os teus obxectivos, a mensaxe e ton e as canles nas que levarás a cabo a estratexia. Unha vez teñas todo iso listo, estarás no punto perfecto para seguir as pautas desta publicación.

Comeza cun calendario

Deberás comezar a túa estratexia definindo cada canto serán os teus ciclos de contido. É dicir, cada canto acaban as publicacións en todas a canles e volve a comezar a mesma estrutura. 

Se todas as semanas realizas ás mesmas accións (newsletter o luns, blog o venres, e instagram tódolos días, por exemplo) o teu ciclo de contidos é semanal, se hai algunha acción que suceda cada dúas semanas será bi-semanal (por exemplo se hai letter cada dous luns, pero blog tódolos venres e Instagram tódolos días); e o mesmo se hai algunha que pasa cada mes. 

Unha vez teñas o ciclo decidido, toca coller un calendario modelo (non precisas que teña datas específicas) e comezas a enchelo coas canles. Quedaría algo así.

Tipoloxías de contido

Cada canle, sobre todo se se trata de redes sociais, ten varios tipos de contido base. Por exemplo, en Instagram terás fotografías no feed, reels e stories,. Agora terás que ir canle a canle e, para cada día que marcastes que se farían cousas, terás que definir o tipo de contido. Se seguimos co exemplo de Instagram, podería ser algo así:


Se te fixas, o ciclo neste caso é semanal, se o teu fose bisemanal ou mensual, terás o mesmo pero con máis semanas.

Contidos xerais

Xa sabes cantas canles tes e cantos contidos terás que realizar de que tipo cada ciclo, así que toca comezar a pensar no contido en si.

O primeiro paso é centrarse en contidos xerais, para cada canle terás que facer unha lista de contidos tipo que teñan que ver coa túa temática. Imos pór un exemplo: imaxina que estás facendo unha estratexia para unha librería xuvenil para Instagram, a listaxe de contidos podería ser: TBRs (a lista de libros que hai por ler), reseñas (de libros que les), le conmigo (pequenos vlogs de lectura), haul (libros que chegan novos), unhaul (libros que se van)… Como podes observar, no caso dos libros hai contidos moi marcados con nomes moi específicos, se queres saber se a túa temática tamén os ten, fai unha pequena investigación.

Unha vez tes a listaxe de contidos, terás que metela no calendario anterior. Quedaría algo así.

Contidos específicos

Desta forma, tes o esqueleto da túa estratexia listo, xa sabes que cousas terás que facer cada día. Para completala, só terás que engadir os contidos específicos q    ue deberás ir creando. Recomendamos que vaias planificando con dous meses de antelación, pero que esteas abertx a cambios que poidan surxir por noticias, actualizacións, etc. Así, se o luns tes que subir unha review (ou reseña), terás que decidir de que libro, e se o mércores subes unha foto dunha paisaxe, terás que decidir que mércores específico subirás que paisaxe, e sí ata o final.

Recorda que a estratexia é adaptable e, se algo non funciona, deberás ir cambiándoo.

 

Temos postos dispoñibles e está aberto o prazo de solicitudes! Podes solicitar un nesta ligazón

Be the first one to leave a comment!
Sign in or join to post new comments