Esta semana tivemos unha nova formación en liña no Pazo de Arenaza, na que Nacho Cabal e Jorge Alonso Nicieza falaron do cohousing como nova forma de habitar. Nacho Cabal e Jorge Alonso Nicieza son parte do estudo de arquitectura F5 Proyectos y Arquitectura en Asturias.
Novas tendencias en arquitectura: cohousing
Aproveitamos a súa experiencia para entrar no mundo do Cohousing e aprender os conceptos que definen esta tendencia, falando dunha tipoloxía que hai dez anos non existía.
Resumo do webinar
No webinar falaron de diferentes proxectos de cohousing nos que participaron como estudo de arquitectura e dos retos que trae idear espazos para este tivo de vivendas. A ensinanza que máis se repetíu durante o webinar foi que “hai que deixar de pensar en individual e comezar a pensar en colectivo”. Así, cada vez que se plantexa un proxecto é preciso pensalo de maneira transversal e comunitaria.
Esta formación foi completamente gratuita e forma parte da oferta formativa do Pazo de Arenaza. O Pazo de Arenaza é un espazo de traballo da Deputación Provincial da Coruña, dispoñible para emprendedor@s e novas empresas. O espazo forma parte da Rede Provincial de Espazos de Traballo da Coruña. Conta con Salas de Xuntas, Salas de Videochamadas, 25 postos fixos, Aula de Formación, MakerSpace e Laboratorio de Realidade Virtual á disposición d@s coworkers.
Se queres estar ao tanto de todo o que vai pasando no Pazo, presta atención a este blog, ás nosas redes sociais e á nosa páxina web. Moi pronto volveremos con máis novidades!