O Pazo de Arenaza comeza unha nova tempada eventos este 2023. Para que non vos perdades nada, deixamos unha lista dos confirmados ata o momento para que podades ir engadíndoos a vosa axenda.

Primeiros pasos como autónom@

Será en modalidade online o 17 de Xaneiro ás 12:30.

Sabes que tramites debes facer para dar de alta a túa startup? Estás pensando en montar un negocio como autónom@ e non sabes cando darte de alta? 

É un obradoiro impartido por Ana Belén Muñiz no que falaremos sobre diferentes cuestións que xurden á hora de emprender relacionadas con Facenda e Seguridade Social

Podes inscribirte premendo nesta ligazón.

Introducción ao BIM: Software

Será en modalidade online o 26 de Xaneiro ás 12:30.

Xa tes claro que queres pasarte ao BIM? Tes dúbidas sobre qué software debes utilizar para modelar? Estás perdid@ tratando de entender por qué hai tantas opcións diferentes? Nesta sesión trataremos de aclararte estas e outras cuestións sobre o mundo BIM.

É unha sesión formativa impartida por Miguel Picado na que falaremos dos diferentes software BIM que existen no mercado e as funcións que ten cada un, valorando aspectos relevantes que nos permitan tomar decisións á hora de implementar BIM nun estudio de arquitectura. 

Podes inscribirte premendo nesta ligazón.

Empezando a automatizar o teu proxecto

Será en modalidade online o 7 de Febreiro ás 12:30.

No desenvolvemento dun proxecto empresarial xurden decenas de tarefas que poden acabar ocupando o noso día a día sin permitirnos centrarnos no realmente importante. Dende programar o envío de correos electrónicos a clientes a ter un CRM básico, a automatización nos permite non perder tempo con tarefas repetitivas puidendo centrar os nosos esforzos en captar clientes, desenvolver a actividade, etc.

É un obradoiro impartido por Juan Diego Pereiro onde coñecerás unha serie de ferramentas sinxelas para automatizar tarefas básicas. 

Podes inscribirte nesta ligazón.

Ti e cantos máis?

Será en modalidade online o 14 de Febreiro ás 12:30.

Estás pensando en crear unha startup con máis xente? Non sabes si é mellor unha cooperativa, unha SL ou outras formas xurídicas? 

É un obradoiro impartido por Ana Belén Muñiz no que  falaremos sobre os diferentes tipos de sociedade que existen, vantaxes e inconvintes dunhas frente ás outras e, en xeral, de todo o que necesitas saber se estás pensando en emprender con máis persoas.

Podes inscribirte premendo nesta ligazón.

Renderizado en Tempo Real aplicado ao BIM

Será en modalidade online o 23 de Febreiro ás 12:30.

Sabes o que é o Renderizado en Tempo real? Queres ver cómo te pode axudar esta tecnoloxía a tomar decisións para o teu proxecto?

É unha sesión formativa impartida por Miguel Picado na que falaremos sobre o Renderizado en Tempo Real aplicado a metodoloxías BIM. Veremos cómo podemos crear un modelo hiper-realista do noso proxecto para navegar por él e visualizar de forma gráfica o noso proxecto

Podes inscribirte premendo nesta ligazón.


Estamos traballando en moitos máis eventos, así que se non vos queredes perder ningún podedes seguirnos nas nosas redes sociais Facebook, Instagram, Twitter e LinkedIn.

Recorda que no Pazo de Arenaza temos postos dispoñibles e está aberto o prazo de solicitudes! Podes solicitar un nesta ligazón

 




Be the first one to leave a comment!
Sign in or join to post new comments