En “1 semana, 1 coworker” falamos cos nosos coworkers para que nos conten un pouquiño sobre o seu traballo e como se sinte facelo dende O Pazo de Arenaza. 

Hoxe falamos con Carmen Sanz, do proxecto Repoboar.

Preséntate! Dinos quen es, a que te dedicas e cal é o teu proxecto actual. 

Ola, son Carmen Sanz son axente inmobiliario e traballo en Repoboar.

Cóntanos máis sobre o teu proxecto. Como xurdiu? 

Repoboar surxe da necesidade de facer máis accesible o vivir no rural galego. Temos dúas actividades principais, unha é a intermediación inmobiliaria como unha inmobiliaria ao uso, pero centrando a nosa publicidade nas novas tecnoloxías. A segunda é a inversión propia en inmobles rurais para reformar, vender e dignificar casas deshabitadas ou que non tiñan moita saida no mercado actual.

Que é o que máis che gusta de traballar en Arenaza?

O que máis apreciamos de traballar en Arenaza é a accesibilidad que temos a outros profesionais colaboradores do sector.

Cales son as túas tres cousas imprescindibles á hora de traballar?

O principal elemento que preciso á hora de traballar é o coche. Outro elemento imprescindible para min son os outros profesionais colaboradores, xente coa que traballamos: arquitectos, notarios… son imprescindibles. Ademais, outra cousa que tamén é importante é Internet.

Sabedes que na parroquia de Muniferral en Aranga xa teñen fibra?

Que é o que máis che gusta do teu traballo?

O que fago está moi en liña co meu propósito na miña vida, realmente teño unha conexión especial con todas as casas que vendemos. Disfruto moito de ver como as casas que estaban completamente condenadas ao deterioro total se reforman e se vai dignificando esa historia que temos, porque realmente esas casas moitas veces son feitas a man por familias e teñen unha historia, creo que estamos aportando algo positivo á nosa terra e ao noso patrimonio.

Xa para rematar, recoméndanos algo: unha película, unha serie, un podcast, algún contido de rrss, un libro… 

O primeiro que vos vou recomendar é unha canle moi boa humorística que hai en Youtube que é Páramo Pictures que ten grandes éxitos como Vente Empacar, Alcolitros… recoméndovos moito que busquedes o nome Páramo Pictures en Youtube. 

Unha segunda cousa que vos vou recomendar son os clásicos do rap galego, como son Son da Rúa e Dios ke te crew. Teñen clasicazos que todo millenial el toda persoa galega debe coñecer.

Promociónate, onde podemos atopar o teu proxecto?

Podedes atoparnos nas principais redes sociais Youtube, Instagram, estamos empezando en TikTok… como Repoboar.


Ata aquí o “1 semana, 1 coworker” de hoxe. Se queres estar ao tanto de todo o que vai pasando no pazo, presta atención a este blog, ás nosas redes sociais e á nosa páxina web. Moi pronto volveremos con máis novidades!




Be the first one to leave a comment!
Sign in or join to post new comments