O Pazo de Arenaza ofrece formacións gratuitas para os seus coworkers e para o público xeral. Esta clase de “Renderizado en Tempo Real aplicado ao BIM” é unha delas. Foi impartida o xoves 24 de febreiro por Miguel Picado, e imos comezar cun pequeno resumo.
A idea xeral de toda a sesión é a seguinte: o renderizado en tempo real é unha das ferramentas máis potentes para a toma de decisións dun proxecto BIM.
A potencia de Revit
É preciso aproveitar a potencia e rapidez das ferramentas de renderizado en tempo real aplicadas a BIM, xa que son a chave para mellorar o traballo e axilizar procesos.
Grazas a programas como Revit, que traballan con modelado 3d, poderás visualizar vistas e planos e traballar con toda a aquitectura no seu conxunto.
Para potenciar máis a forza de Revit, podes usar ferramentas de renderizado en tempo real, que permitirán ver, en tempo real, unha visión 3d inmersiva e realista de todos os proxectos.
Ferramentas de renderizado en tempo real.
As ferramentas máis importantes de renderizado en tempo real son:
Lumion
Lumion é a ferramenta máis coñecida, revolucionou o mercado cando saíu e ten funcións MOI avanzadas, pudendo así introducir ata persoas e elementos en movemento.
A pega é que ten un coste moi elevado en comparación coa súa competencia, que pode facer cousas máis similares. Aínda que conta con licencias gratuitas para estudantes.
Twinmotion
A ferramenta Twinmotion básase no motor de renderizado de Unreal Engine. O seu uso principal é o mesmo que as outras ferramentas, a visualización do proxecto en tempo real.
A maior vantaxe que ten Twinmotion é que ven incluído coa licencia de Revit.
Enscape
A última ferramenta que nomea Miguel é Enscape. Renderiza en tempo real, como as anteriores, pero non ten un resultado tan perfecto coma as anteriores ferramentas. Aínda así, é máis que suficiente para o uso xeral que lle pode dar un arquitecto BIM.
En xeral, é un termo medio entre Lumion e Twinmotion, tanto en prezo coma en facilidade de uso e resultados.
Tras esta pequena explicación das ferramentas, a sesión continúa cun pequeno tutorial dos usos xerais de Enscape.
Se queres ter o teu propio espazo no Pazo, recorda que temos postos dispoñibles e está aberto o prazo de solicitudes! Podes solicitar un nesta ligazón. Corre que quedan MOI POUCOS!