A identidade de marca é unha das partes indispensables que terás que ter en conta cando comezas o teu proxecto. Por iso, imos facer un repaso polos conceptos básicos da identidade corporativa.
Para consolidar o teu proxecto debes crear unha marca que teña todos os elementos precisos para poder establecerse no mercado. Un destes elementos é a identidade corporativa.
Que é a identidade corporativa?
A identidade corporativa é o conxunto de valores que conforman a visión do mundo dunha empresa. Vai máis aló dun simple logo, e está relacionada con aspectos de cultura e organización de empresa.
Ter unha identidade ben marcada, axudará a que o público sepa que esperar da túa compañía, incluso ainda que o seu coñecemento dela sea mínimo.
Elementos da identidade corporativa
Para plantexar a imaxe corporativa do teu proxecto terás que desenvolver os seguintes conceptos que forman parte dela:
- Misión, visión e valores. Deberás expor cales son a misión, visión e valores da túa marca e, a partir de ahí, deberás telos en conta en cada decisión.
- Logotipo. O logotipo é a cara visible do teu proxecto.
- Paleta de cores. Que deberán ir acorde ao que queres transmitir coa túa marca.
- Tipografía. Igual que a paleta de cores, non é o mesmo usar unha tipografía con ou sen serifa.
- Mensaxe e ton. Deberás definir unha mensaxe e ton que seguir SEMPRE na túa marca.
Unha vez teñas marcados todos estes aspectos, deberás comezar a aplicalos ás diferentes ramas do teu proxecto.
Se queres ter o teu propio espazo no Pazo, recorda que temos postos dispoñibles e está aberto o prazo de solicitudes! Podes solicitar un nesta ligazón. Corre que quedan MOI POUCOS!