En “1 semana, 1 coworker” falamos cos nosos coworkers para que nos conten un pouquiño sobre o seu traballo e como se sinte facelo dende O Pazo de Arenaza. 


Hoxe falamos con Uxio Marcos, do proxecto Eva Porto.



  1. Preséntate! Dinos quen es, a que te dedicas e cal é o teu proxecto actual. 


Ola o meu nome é Uxio Marcos, actualmente traballo nun proxecto con Eva Porto, na súa marca persoal dedicado a axudar ás persoas a buscar traballo. Eu encárgome de todo o tema da tecnoloxía, da creación de novos produtos e da xestión diaria do proxecto.


  1. Cóntanos máis sobre o teu proxecto. Como xurdiu? 


O proxecto xurdíu dunha necesidade que detectou a miña compañeira Eva cando era reclutadora, xa que viu que as persoas non tiñan unha boa preparación para buscar traballo, no tema do currículo, entrevistas… a xente estaba moi perdida. 


Entón a partir de ahí decidíu comezar a compartir pequenos vídeos a través de redes sociais para axudar ás persoas con pequenos tips. Pouco a pouco foi funcionando e comezamos a crear unha páxina web, produtos, cursos… e agora estamos aquí, intentando crear máis servizos para axudar ás persoas a atopar o emprego que buscan.


  1. Que vantaxes cres que ten traballar nun coworking?


Claramente as persoas, é o principal, sentirte arropado cando estás emprendendo e sínteste moi solo. Aínda que neste proxecto somos dúas persoas, non é o mesmo que traballar cun equipo nunha empresa grande, entón é importante rodearte doutras persoas que tamén teñan esa ilusión e poidan apoiarte no teu proxecto. Iso é algo que atopas nun coworking.

Ademais, xusto este Pazo é un lugar moi acolledor e bonito para traballar.


  1. Que é o que máis che gusta de traballar en Arenaza?


En Arenaza en específico as persoas que son marabillosas, e o espazo en sí que é un privilexio poder traballar nun Pazo porque é moi bonito, só hai que velo, e é moi agradable vir aquí tódolos días.


  1. Cales son as túas tres cousas imprescindibles á hora de traballar?


As miñas tres cousas imprescindibles son: o meu ordenador, os meus cascos e un bo ambiente de traballo, unha boa oficina ou unha boa cafetería, pero un sitio onde me sinta cómodo.


  1. Que é o que máis che gusta do teu traballo?


O que máis me gusta do meu traballo quizáis é axudar a tantas persoas. Grazas ás redes sociais chegamos a moitas moitas persoas e tamén nos chegan moitas mensaxes desas persoas agradecendo o traballo que facemos para axudalas e quizais é a parte máis bonita, ver o impacto positivo que temos en toda esa xente.



  1. Mito do coworking que che gustaría desmentir.


O mito de que a xente vai moi ao seu e que non é fácil crear sinerxias entre proxectos. Aquí se ve que a xente e aberta e que se aprende moito dos diferentes proxectos. 


  1. Xa para rematar, recoméndanos algo: unha película, unha serie, un podcast, algún contido de rrss, un libro… O que ti queiras!


Escoito ultimamente un podcast que non está nada mal, é duns rapaces que son emprendedores: Nude Project. É unha marca de roupa que ten un podcast que está moi guai e fan entrevistas moi interesantes.


  1. Promociónate, onde podemos atopar o teu proxecto?


Convídovos a seguirnos nas nosas redes EvaPortoRRHH e tamén na nosa web evaporto.com onde atoparedes un montón de contido gratuito que vos axudará a impulsar a vosa carreira profesional e a conseguir os obxectivos que esteades buscando na vosa carreira.



Ata aquí o “1 semana, 1 coworker” de hoxeSe queres estar ao tanto de todo o que vai pasando no pazo, presta atención a este blog, ás nosas redes sociais e á nosa páxina web. Moi pronto volveremos con máis novidades!

Be the first one to leave a comment!
Sign in or join to post new comments