A Deputación da Coruña organizou a cuarta edición das súas xornadas dedicadas aos emprendedores e emprendedoras enmarcada na Startup Europe Week (#SEW23), un acontecemento impulsado pola Comisión Europea para fortalecer o ecosistema emprendedor no ámbito local.

A STARTUP EUROPE WEEK 2023

A Startup Europe Week está presente máis de 300 cidades e 50 países, con máis de 250 organizadores que representan o maior evento de emprendedores rexional do mundo. Durante as edicións pasadas máis de 200.000 emprendedores atenderon os eventos organizados. A Deputación da Coruña e o Pazo de Arenaza son os responsables de traer este evento á provincia.

Este encontro entre persoas emprendedoras, que buscaba fortalecer o emprendemento local achegándoo a Europa, tivo conexión en directo con Bulgaria e foi o lugar de encontro de máis de 30 proxectos de emprendemento local.

WORLD CAFÉ NO PAZO DE ARENAZA

A  SEW23, celebrada no coworking do Pazo de Arenaza (Oleiros), pertencente á Rede Provincial de Espazos de Traballo o pasado xoves 16 de marzo, contou cun formato innovador de "world café" no que os participantes tiveron a ocasión de falar e compartir café cos impulsores destas empresas: Sico de Andrés, creador e CEO de Link AffinityEva Cayetana Somolinos Olmo, CEO e co-fundadora de AcercArteSergio Sampedro Herranz, director e socio fundador de EMSAMBLE e Alex Bernardo, fundador de Nocodehackers.

Se queres asistir a eventos futuros do Pazo de Arenaza, estate moi atentx ás nosas redes sociais e á nosa páxina web!

Be the first one to leave a comment!
Sign in or join to post new comments