LinkedIn é a plataforma profesional por excelencia, perfecta para manter unha marca persoal e para facer networking en liña. Por iso, imos falar da importancia de manter unha boa imaxe en LinkedIn.


QUE É LINKEDIN?


LinkedIn é unha rede social moi diferente que che pode axudar a manter unha reputación no mundo profesional. É unha rede de xestión de contactos enfocada á búsqueda de emprego/oportunidades laborais cun ton serio e moderado.


Permite completar o teu perfil con datos profesionais (currículo, habilidades, formación…) e crear publicacións nas que poderás escribir artigos, facer infografías, compartir ligazóns… sempre de temas relacionados coa túa profesión. É perfecta para buscar emprego e mostrar os valores da túa empresa ou proxecto.


BENEFICIOS DE LINKEDIN


Ter unha marca persoal ben definida en LinkedIn aporta varios beneficios:


  • Contacto con outros profesionais.

  • Posicionamento como referente do sector.

  • Xeración de oportunidades de venta.

  • Xeración de tráfico web.

  • Xeración de comunidade.


CONSELLOS PARA PUBLICAR EN LINKEDIN


Para mellorar a túa presenza nesta rede social, o mellor é definir con exactitude a túa marca persoal ou profesional. Ter unha marca ben definida cuns obxectivos claros é a diferenza entre o éxito e o fracaso.


Unha vez sabes cal é a túa marca e os teus obxectivos, a mellor forma de crecer é creando unha estratexia de contidos. Se queres saber como facelo, podes visitar o resto do blog de arenaza. 


Recorda sempre cal é o ton da rede social e ser constante coas túas publicacións. Crea a túa presenza en LinkedIn e mellora a túa imaxe de marca.


Se queres estar ao tanto de todo o que vai pasando no pazo, presta atención a este blog, ás nosas redes sociais e á nosa páxina web. Moi pronto volveremos con máis novidades!

Be the first one to leave a comment!
Sign in or join to post new comments