Os emprendedores asumen unha gran carga económica cando comezan o seu proxecto, así que neste artigo traemos unha pequena recopilación de axudas e programas que farán estas cargas menos pesadas.

Axudas económicas para emprendedores

Se o que precisas é maior liquidez, aquí deixamos dúas subvencións:

Ata 10.000€ para galegos retornados

Prazo de solicitude: 14/04/2023 a 29/09/2023

Se es emigrante galego e buscas retornar ao país para comezar o teu proxecto emprendedor, podes conseguir ata 10.000€ coa “Subvención para promover o autoempleo e a actividade emprendedora das persoas emigrantes galegas retornadas na Comunidade Autónoma e Galicia” 

O importe da subvención será de 6.000€ aos que se poderán aumentar 1.000 por ser muller e 3.000 por residir no rural, non puidendo pasar así de 10.000€.

Ata 10.000 euros por volver a emprender

Prazo de solicitude: 01/06/2023 a 31/10/2023

Se es autónomo en situación de desempleo e queres emprender, poderás solicitar ata o 31 de outubro o Bono Nova Oportunidade da Xunta de Galicia, dotado de 1,5 millóns de euros para axudar a unhas 150 persoas traballadoras por conta allea para que volvan a emprender.

Outras axudas para emprendedores

Se o que precisas son outros recursos como mentorías ou espazos de traballo, segue lendo:

Programa Impulsa PYMES

O programa Impulsa PYMES ofrece asesoramento e consultoría completamente gratuito durante 4 meses para implantar un plan de crecemento global.

Podes inscribirte nesta ligazón para contar da axuda dos mellores profesionais.

Rede de Espazos de Traballo

Se o que precisas é un espazo de traballo gratuito, a Rede de Espazos de Traballo da Deputación da Coruña ofrece postos de traballo nos seus espazos ubicados por toda a provincia da Coruña.

O Pazo de Arenaza é un deses espazos e estamos a buscar novos coworkers. Se che interesa fai a túa solicitude nesta ligazón.


Se queres estar ao tanto de todo o que vai pasando no Pazo, presta atención a este blog, ás nosas redes sociais e á nosa páxina web. Moi pronto volveremos con máis novidades!


Be the first one to leave a comment!
Sign in or join to post new comments