Estar motivado ou motivada é moi importante para conseguir o que un se propón. A motivación é un estado interno que activa, dirixe e mantén a forma de actuar dunha persoa cara metas ou fins determinados. É o impulso que move ás persoas a facer determinadas cousas para conseguir o que queren. En términos xerais poderíase dicir que é a causa do comportamento das persoas. 


Neste artigo falamos deste término e das claves necesarias para recuperar a motivación en momentos de baixón ou en momentos de desmotivación. Sentirse motivado é vital para acadar as metas.

Falemos da motivación

Como xa dixemos, a motivación é o paso principal para acadar os resultados que se queren conseguir. 


É un proceso que pasa por varias fases, unha inicial na que a persoa é consciente de que se consegue unha meta vaise sentir ben; a segunda ocorre cando a persoa comeza a facer cousas para conseguir esa meta, neste camiño a persoa irá facendo unha retroalimentación para saber se vai por bo camiño; e unha última na que se desfruta do resultado.


Por outro lado, cada persoa ten as súas propias motivacións que poden ser moi diferentes ás do resto de xente. E, ademais, tamén inflúe a enerxía que se ten para conseguir as metas, xa que a persistencia é unha variable que non teñen todas as persoas por igual.


Tamén pode haber momentos ou días nos que se sinta máis ou menos motivación, isto é porque a motivación é un estado de crecemento e declive perpetuo. É un proceso complexo que pode variar en pequenos espazos de tempo.


Tipos de motivación

Motivación intrínseca

É a que provén de dentro das persoas, a que se sustenta sobre os valores, soños e desexos. Está ligada á necesidade de autorrealización, crecemento persoal e aprendizaxe.


Motivación extrínseca

Este tipo de motivación afecta aos factores axenos que motivan a alguén a actuar. En definitiva, é a recompensa que se espera conseguir por facer algo. Exemplos de esta motivación poderían ser o diñeiro, o recoñecemento social ou a fama.


Este tipo de motivación é útil a curto prazo, xa que podería ser que se sustitúa unha motivación intrínseca por outra extrínseca, como por exemplo os cartos. É moi importante non obrar únicamente por motivacións extrínsecas, xa que, a longo prazo, iso fai que se destrúa a motivación intrínseca e únicamente se actúe por recompensas.


Claves para sentirse motivado ou motivada

Recordar o propósito, motivo ou razón

É moi importante recordar as razóns polas cales tomache a decisión de facer unha cousa. Isto axudará a recuperar a perspectiva e a motivación para seguir.


Non hai que pensar únicamente no obxectivo, senón nos valores e no significado que hai detrais deses obxectivos e metas que se queren conseguir.


Un truco que pode funcionar moi ben é escribir unha lista coas razóns ou motivos polas que seguir motivado e polas que comezaches a facer unha actividade.


Compartir os teus propósitos

É de gran axuda compartir os teus propósitos con outras persoas. Isto fará que as persoas coas que compartes isto esteñan pendentes dos teus resultados. Ademais, isto fará que sintas presión, unha presión favorable que axudará a dar o seguinte paso e recuperar a motivación perdida.


Monitorizar os logros e separar as metas en etapas

Unha estratexia moi efectiva é resaltar todo tipo de logros, aínda que sexan pequenos. Isto fará que acades sentimentos de satisfacción por pequenas tarefas que che farán sentir realizado e motivado.


É importante e aconsexable marcar unha serie de pequenos obxectivos diarios, semanais e mensuais, xa que a medida que os vaias conseguindo significa que te estás a achegar ao obxectivo final.


Un truco que pode axudar nisto é redactar un pequeno diario no que expliques o que vas facendo durante o día e onde queden rexistrados os teus progresos ao longo dese mesmo día.


Xuntarse con persoas que che inspiren

A motivación é contaxiosa. Se no teu círculo as persoas están constantemente queixándose, é posible que che contaxien eses sentimentos e perdas a motivación. Se polo contrario estás con xente inspiradora e que che axudan a seguir adiante, esa motivación permanece ou axuda a recuperala. 


Visualizar o camiño, non a meta

Aínda que moitas veces dise que hai que visualizarse na meta, é só un mito, xa que ao visualizarse conseguindo o obxectivo, a túa mente reláxase xa que hai veces que costa diferenciar entre o que é real e o que non.


O que se aconsexa é visualizar o proceso que se vai a realizar para lograr chegar á meta. 


Ser optimista está ben, pero hai que recoñecer que haberá situacións complicadas, e pensar nisto fai que aumenten as probabilidades de seguir loitando.


Pódese fallar un día, pero non dous

Todos temos un mal día que nos paraliza e nos bloquea, o importante é ter en mente que se pode fallar un día, pero non dous días consecutivos.


Se un día non conseguiches acercarte ao teu obxectivo, o segundo día é clave. É importante non permitir que ese próximo día pase o mesmo.


O vital é "facer borrón e conta nova", e non deixarse levar por un mal día ou un mal momento.


Descubrir as verdadeiras paixóns

Cando se consegue descubrir o que nos apaixona e se ten a sorte de adicarse a iso, surxe a motivación intrínseca da que falamos antes. Esta motivación permitiranos afrontar a tarefa e o día a día dunha forma máis efectiva.


É importante facer o que che gusta, xa que a motivación aparecerá da man da paixón que leva a facer determinadas actividades para conseguir as metas que se queren.


Conclusión

A motivación é a peza principal para acadar os teus obxectivos da mellor forma. É o motor que impulsa ás persoas a conseguir as metas e os obxectivos. As persoas ao estar motivadas somos máis propensas a persistir os nosos esforzos, a superar os obstáculos e a acadar o éxito.


Ao longo do proceso poden chegar momentos de desmotivación, pero o importante é esquivar esos obstáculos e conseguir de novo recuperar esa motivación do principio, xa que, grazas á motivación, conséguense grandes cousas. En definitiva, é a peza fundamental na consecución de obxectivos.

Be the first one to leave a comment!
Sign in or join to post new comments