Chámome Fede Laport, son programador. Antes dedicábama ás estruturas, estudei obras públicas, pero por vocación coa tecnoloxía acabei programando e, finalmente, lancei un proxecto co meu socio que é Braced.io. É unha plataforma para resolver unións de estrutura metálica na web e, despois, modelar automaticamente estas unións en software BIM cuns plugins que temos.
Cóntanos máis sobre o teu proxecto. Como xurdiu? Cal cres que é o seu futuro?
O proxecto xurdiunos mentres traballábamos na enxeñería e viamos un problema evidente. Todo o mundo tiña problemas coas unións metálicas e, sobre todo, ao cambiar o paradigma e empezar a usar BIM, había moito descontrol, moita desorganización e encontramos que é toda unha necesidade. Nós estamos traballando e buscamos partners para poder enfocalo, personalizalo cara empresas grandes que poidan realmente resolverlles unha porcentaxe grande das súas unións.
Por que decidiches acceder a un coworking en vez de a unha oficina tradicional?
Traballar nun coworking respecto a unha oficina ten moitísimas vantaxes, sobre todo para startups ou empresas que somos poucos. A primeira e máis evidente é o custo, tes todos os servizos de oficina a un prezo máis baixo; e despois hai outro compoñente importante que son as persoas que traballamos soas, que só estamos nós e o noso portátil, pois un necesita un pouco de socialización de oficina, aínda que sexa mínima, e iso dácho o coworking.
Que vantaxes cres que ten traballar nun coworking?
A mellor vantaxe de traballar nun coworking é ter compañeiros/as que son semiprofesionais: non forman parte da túa organización, pero están traballando tamén, entón podes tratar temas profesionais, cada un delimitando a súa parcela de traballo, de actividade.
Que é o que máis che gusta de traballar en Arenaza?
Ademais dos espazos, que o edificio está incrible, o mellor é a xente, porque hai persoas moi guays, xente incrible.
Como transcorre unha xornada laboral para ti?
Aínda que todos os días son distintos para min, a miña xornada típica é deixar ao meu fillo pequeno na gardería ás dez, xa é bastante tarde. Tomo un café ou algo e póñome a traballar. Ás veces baixo a tomar un café rapidiño con outros/as coworkers e despois ata o mediodía. Algúns días quedo a comer e sigo toda a tarde e outros días marcho á casa. Tamén, ás veces, traballo noutros sitios, porque cambiar de espazo é moi positivo para cambiar a maneira na que a túa cabeza está traballando e iso sempre fai ben.
Cales son as túas tres cousas imprescindibles á hora de traballar?
Hai tres ferramentas imprescindibles para min no traballo e son o meu portátil, un sono adecuado e suficiente e unha alimentación e hidratación axeitadas. Esas son as miñas tres ferramentas, non necesito máis. Ben, e Internet!
Que é o que máis che gusta do teu traballo?
O que máis me gusta do meu traballo é a liberdade que, evidentemente, leva unha responsabilidade moi grande, pero para min é fundamental. Téñoo que demostrar con resultados aos meus clientes, pero ao meu ritmo e con liberade para autoorganizarme.
Que cousas che gusta facer no teu tempo libre?
Escoitar música, facer deporte, xogar cos meus fillos… Gústame o fútbol, aínda que o estou intentando deixar por motivos de saúde,e gústame moitísimo conversar, xa se vai ver nesta entrevista, pero gústame moito falar.
Xa para rematar, recoméndanos: unha película, unha serie, un libro e unha canción!
Series… Homeland é unha serie que describe moi ben como funciona a realidade e a actividade que fan moitas veces os estados á marxe da propia legalidade.
Libros quero recomendar dous. Un é Trading for a living, de Alexander Elder, que aínda que é un libro de trading moi técnico, ten un par de capítulos que falan da psicoloxía do ser humano, o comportamento masivo dos humanos e os mercados; o segundo libro é The ethics of liberty, de Murray Rothbard, que me ensinou que o estado é prescindible e o máis importante é a liberade dos individuos na sociedade.
En canto á música, teño tantísimas referencias que non sei nin que dicir, así que quizais un tema clásico foi Bandoleros, de Don Omar e Tego Calderón.
Podes atopar a Fede en:
Páxina web