A intelixencia artificial (IA) refírese a aplicacións que realizan tarefas complexas para as que antes era necesaria a intervención humana. Aínda que actualmente está gañando cada vez máis popularidade, segue sendo un concepto complexo de definir. 


Esta tecnoloxía aporta numerosas posibilidades aos novos negocios. Segundo un artigo do País sobre este tema, o 74% dos responsables de datos e de analítica cren que o seu uso supón un impacto positivo para as súas organizacións.


Neste artigo imos falar das vantaxas da IA para o emprendemento e de como esta tecnoloxía pode axudar a desenvolver ideas, crear proxectos ou melloralos.

Aplicacións de intelixencia artificial

O crecemento da IA e o seu exponencial éxito levou á creación de numerosas e diferentes aplicacións e ferramentas que hoxe en día son un apoio e axuda para todo tipo de negocios. Falemos dalgunhas.


Chat GPT

É a ferramenta de intelixencia artificial máis famosa actualmente. Ofrece versión gatuita (ChatGPT-3.5) e tamén versión de pago (ChatGPT Plus), que conta cun GPT-4 máis avanzado e actualizado.


Trátase dun chat que busca manter conversacións. Responde ás preguntas que o usuario lle plantexa e convírtese nun intercambio de mensaxes constante e rápido. Destaca pola súa facilidade de uso e pola rapidez de respostas.


Coas preguntas e información que os usuarios lle ofrecen á esta tecnoloxía, a IA entrénase e aprende. Ademais, ten memoria e sentido do contexto, xa que recorda e recoñece toda a conversación.


Pero, como todas as intelixencias artificiais, pode cometer erros, polo que sempre é importante contrastar a información e que esta tecnoloxía non sustitúa ao traballador.


Frase.io

Esta ferramenta axuda a aforrar tempo na búsqueda de palabras clave, na creación de contido, na investigación de temáticas e no análise da competencia. Básicamente axuda a optimizar o SEO da empresa e a crear contidos de forma máis rápida.


É moi utilizada por escritores, blogueiros, creadores de contido, propietarios de axencias e profesionais do márketing dixitial.


Frase.io dispón de 3 plans premium con precios que van dende o máis barato con 14,99$ ao mes ata o máis caro de 114,99$ ao mes.


Deep L

O uso principal desta ferramenta é a traducción de textos e archivos ata en 26 idiomas diferentes sen perder o significado do escrito.


É moi intuitivo e sinxelo de usar. Ademais, é gratuito en liña, pódese usar dende a súa páxina web ou ven instalando o software. Ofrece tamén unha versión de pago que é DeepL Pro que ten menos limitacións que a versión gratuita como traducir textos de máis de 5000 caracteres.


DeepL pode traducir documentos Word ou Power Point directamente. Ten unha limitación de 3 docuementos traducidos por mes, mentras que coa versión de pago pódense traducir ata 100 documentos.


É moi útil para redactores xa que fai aumentar a súa productividade ao máximo. Os redactores aforran traballo e optimizan o seu tempo.


Grammarly

Esta aplicación axuda a reducir o tempo que se tarda en revisar e correxir textos. Este asistente de escritura, ademais de ofrecer a corrección de textos, tamén ten a capacidade de proporcinar suxerencias de estilo, melloras de claridade e tono, e detección de plaxios.


Ofrece, tamén, unha opción premium que expande as súas posibilidades. Unha das opcións que da esta versión é suxerir sinónimos para palabras que se repiten ao longo do texto.


Moi útil para escritores, periodistas, estudantes ou investigadores. Aínda que serve de gran axuda para todo tipo de traballos.


Crystal Knows

Este software analiza a personalidade dos clientes. Colle datos da conta de LinkedIn, de correos electrónicos, de artigos e de publicacións en blogs de clientes. Non accede a datos privados nin confidenciais, unicamente á información pública que está dipoñible en internet. Tras o análise, ofrece recomendacións sobre como interactuar con eles. 


Ofrece, ademais, modelos de correos electrónicos basados na personalidade do cliente, realiza suxerencias sobre o tipo de linguaxe que debe usarse, etc.


Actualmente traballa únicamente en inglés.



Estas son só algunhas das numerosas aplicacións e ferramentas de intelixencia artificial. Hai diferentes tipos de IA que se adaptan ás necesidades do usuario. Aínda que aforran moito traballo, non hay que esquecerse de que son unha axuda e un apoio.



Vantaxas do uso da IA no emprendemento

Mellora da toma de decisións

A intelixencia artificial pode procesar grandes cantidades de información á vez, ademais de ofrecer visións valiosas para o negocio.


Coa axuda desta tecnoloxía pódese analizar e entender o mercado, o público, a competencia e o rendimento da empresa da mellor forma, polo que se poden tomar decisións máis acertadas e adaptarse mellor ás necesidades dos clientes.


Optimiza os procesos e recursos

Isto fai que se aforre tempo, diñeiro e esforzo. A intelixencia artificial pode automatizar tarefas que son repetitivas ou complexas, como a xestión de inventarios, a atención ao cliente, o análise de datos ou a xeración de contidos. 


Incrementa a productividade e rentabilidade

Optimizar os procesos e recursos mellora a toma de decisións, o que fai que aumente a eficacia e a calidade do traballo. Isto leva a un maior rendimento, unha maior satisfacción dos clientes e unha maior xeración de ingresos.


Potencia a proposta de valor

A IA axuda na proposta de valor facéndoa máis atractiva, personalizada e diferenciada. Esta tecnoloxía pode axudar a coñecer mellor aos clientes e ofrecerlles solucións á súa medida.


Amplía as oportunidades e posibilidades

A intelixencia artificial pode axudar a abrir portas en novos mercados, nichos ou sectores. Coa súa axuda pódense identificar novas necesidades ou demandas. Ademais, con ela tamén se poden explorar novas canles ou plataformas para chegar a máis calientes ou socios potenciais.


Fomenta a creatividade e a innovación

A IA estímula o pensamento lateral e diverxente. Pode ser unha fonte de inspiración para xerar novas solucións ou ideas.


Co potencial da intelixencia artificial pódense crear cousas únicas e orixinais.


Prepara o teu negocio para o futuro

Que a intelixencia artificial sexa unha tecnoloxía en constante evolución e mellora fai que ofreza solucións máis avanzadas e adaptadas a cada situación.


Coa súa axuda pódeste adaptar aos cambios e anticiparte ás tendencias de forma máis rápida e acertada.


Conclusión

A intelixencia artificial é unha tecnoloxía que ofrece numerosas posibilidades para todo tipo de sectores e traballos. Está en constante avance, polo que nunca estará obsoleta, xa que vai aprendendo con cada consulta. Ademais, existen numerosas aplicacións e ferramentas (ademais das que nomeamos ao principio do artigo), que poden axudar aos emprendedores en todas as fases da creación do proxecto ou empresa.


Non nos podemos olvidar de que é unha axuda e un apoio, e que é importante, antes de usala, contar cunha estratexia clara e saber ben o que se quere conseguir. É vital ver a IA como un complemento ás túas capacidades e coñecementos, non como un servicio que che fai o traballo completo. 

Be the first one to leave a comment!
Sign in or join to post new comments