O emprendemento sostible é a creación e desenvolvemento de empresas e negocios que teñen en conta a súa rentabilidade económica, a rentabilidade social e a rentabilidade ambiental. Este tipo de emprendemento busca combinar a creación do valor económico, a protección do medio ambiente e a promoción da equidade social.


Este término gañou moita popularidade no mundo empresarial nos últimos anos e converteuse na prioridade para moitos emprendedores que queren facer algo positivo polo mundo á vez que crear negocios prósperos a longo prazo.


Neste artigo falaremos da importancia do emprendemento sostible, de como levalo a cabo e comentaremos, ademais, algúns dos moitos exemplos que existen de modelos de negocio sostibles.

Tipos de emprendemento sostible

Dentro do emprendemento sostible existen varios tipos: o emprendemento social, o emprendemento ambiental e o emprendemento ético. Falemos deles.


Emprendemento social

Céntrase na resolución de problemas sociais como a falta de acceso aos servizos básicos, a exclusión social, a pobreza ou a discriminación de calquer tipo.


Emprendemento ambiental

Son os emprendementos basados na protección do medio ambiente e na conservación dos recursos naturais. O obxectivo principal deste tipo de emprendemento é reducir a pegada ecolóxica cos seus negocios. Unha das súas actuacións principais é a promoción de prácticas sostibles nas súas actividades.


Emprendemento ético

Ten como foco principal a ética empresarial e a responsabilidade social corporativa. Este tipo de emprendemento promove tamén prácticas empresariais transparentes e xustas.


Como facer un emprendemento sostible

Identifica as túas oportunidades

Á hora de iniciar o teu negocio é importante facer un estudo de impacto e viabilidade. No caso do emprendemento sostible hai que fixarse no económico, pero tamén no social e no medioambiental.


É importante ter unha visión amplia e creativa. Ademais, é clave poñer atención e darlle importancia ás necesidades e problemas da comunidade.


Fomenta a innovación

É un dos pasos clave. Permite encontrar solucións eficientes e creativas.


Xestiona de forma sostible

É importante xestionar, tanto a idea como ao equipo, de forma sostible. A empresa ten que ser sostible en tódo-los aspectos, dende a utilización de recursos ata a xestión de residuos e a relación cos membros do equipo.


Deseña un modelo de negocio sostible

É importante ter en conta tóda-las dimensións e establecer obxectivos medibles e claros en cada unha delas. Tamén é importante definir ben as estratexias e accións que se realizarán para alcanzar estos obxectivos.


Mide e reporta os impactos do teu emprendemento

Desta forma sábese se os obxectivos se están a cumprir. Ademais, axudará a detectar áreas de mellora.


Comunica

A transparencia é fundamental en todo emprendemento sostible.


Exemplos de modelos de negocio sostibles

Estos son só algúns dos moitos exemplos de modelos de negocio sostibles que existen actualmente.

Financiación verde

Ou financiación sostible. É o conxunto de normativas financieiras, estándares e productos financieiros que perseguen un obxectivo medioambiental.


Esta financiación permite ao sistema financieiro ter en conta a poboación e ao medio ambiente á vez que mantén obxectivos de crecemento.


Moda sostible

O obxectivo principal é crear un modelo de producción basado na sostenibilidade e na responsabilidade social. Básase na fabricación de prendas tendo en conta a diminución de impactos ambientais en toda a cadea de producción. Utilízanse materiais máis ecolóxicos e con menor impacto que axudan a reducir a contaminación medioambiental e a pegada de carbono dos productos.


Ademais tamén se aposta por crear un comercio sostible máis xusto no que se vela por unhas mellores condicións económicas e laborais dos traballadores.


VPM (vehículos de mobilidade persoal)

Son vehículos dunha ou máis rodas que teñen unha única praza e están propulsados por motores eléctricos. Teñen unha velocidade comprendida entre os 6 e os 25km/h. Exemplos deste tipo de vehículos son os patinetes, as bicicletas ou as motos eléctricas.


Este tipo de mobilidade ten moito protagonismo nas cidades e leva varios anos convertíndose nun medio de transporte cada vez máis utilizado.


Cosmética natural

Dentro deste modelo están os productos que utilizan un máximo de ingredientes que proveñen da agricultura e da gandería ecolóxicas.


A súa filosofía é o respeto polo medio ambiente e non conter productos tóxicos, senon naturais.


Conclusión

Actualmente o emprendemento sostible converteuse nunha das principais tendencias. Os emprendedores crean empresas que, ademais de xerar ganancias, tamén teñen un impacto positivo na sociedade e no medio ambiente.


Este tipo de emprendemento ten beneficios sociais, económicos e ambientais, e isto é moi importante para a sociedade actual e para frear, entre todos, a contaminación e a pegada ecolóxica.


Os anteriores son só uns dos moitos exemplos que existen actualmente de modelos de negocio sostibles.


Co emprendemento sostible non só axudas á túa empresa, senón que axudas á natureza e a toda a sociedade.

Be the first one to leave a comment!
Sign in or join to post new comments