O emprendemento resúmese no esforzo que fai unha persoa ou un grupo de persoas para impulsar un proxecto, crear unha empresa ou levar a cabo unha solución innovadora.


Hoxe en día, as oportunidades par emprender son moi numerosas. O feito de que moitos traballos se poidan desenvolver dende calquer lugar sen ter que acudir á oficina fai que moitos profesionais tomen a decisión de traballar pola súa conta e converterse en emprendedores.


En resumo, emprender implica converter unha idea nova nunha innovación exitosa utilizando habilidades, visión, creatividade, persistencia e exposición de risco.


Neste artigo falamos das características que ten o emprendemento ou a acción de emprender, e tamén dalgunhas claves para levar a cabo un emprendemento exitoso.

O emprendedor, as súas aptitudes e as súas necesidades

O termo "emprendedor" ven do s. XVII cando se nomeaba a un "aventureiro" que lle facía fronte á incertidumbre. Co tempo, este termo diríxese á acción de tomar un risco económico. Esta dimensión do risco axuda tamén a diferenciar o emprendedor do empresario.


O emprendedor busca novos retos e traballa para cumplilos, mentras que o empresario leva a cabo oportunidades de negocio.


Aptitudes do emprendedor

Algunhas das aptitudes que caracterizan ao emprendedor son:

- Identificación de oportunidades.

- Creación de valor.

- Destrucción creativa: fai referencia a actitude por xerar productos ou servizos innovadores que destrúen aos que xa existían no mercado.

- Inxenio: é importante que sexan capaces de afrontar os retos que surxen da falta de recursos.


Necesidades do emprendedor

Algunhas son:

- Capacitación: é importante que o emprendedor teña coñecementos técnicos para levar a cabo a idea da empresa.

- Rede: xa que se xera un ecosistema con varias persoas implicadas. Ademais, tamén son importantes as sinerxias con outros emprendedores.

- Espírito: é necesario ser dinámico, creativo, orientado á búsqueda continua de oportunidades de negocio.

- Marco regulatorio: móvense nun marco e leis que poden ou non facilitar o proceso para pasar das ideas á práctica.


Características dun emprendemento


Innovación

Pode surxir do conxunto de ideas para emprender un negocio dunha ou máis persoas. O obxectivo é brindar un servizo ou producto que aporte unha solución para algún problema actual.


Determinación

A persoa que decida emprender ten que ter unha gran determinación para converter a visión ou idea que ten nunha realidade.


Adaptabilidade

Son importantes tanto a adaptabilidade como a flexibilidade. Ao ser unha idea nova, pode modificarse e optimizarse varias veces ata converterse en algo sólido e estable. Ademais, co tempo, continuará transformándose para irse adaptando ao entorno e ás circunstancias.


Escalabilidade

Hai que ter en conta a capacidade de crecemento para que os ingresos sexan máis altos que os costes. Ademais, un novo proxecto ten que encontrar a forma de escalar a longo prazo e seguir sendo rendible no mercado.


Paciencia

O emprendemento é lento e require de tempo para asentarse e conseguir a rendibilidade esperada. Emprender non pode nin debe apresurarse.


Claves para emprender


Hai numerosas claves para realizar un emprendemento exitoso, vamos a falar dalgunhas delas.


Facer o que che gusta

É importante non renunciar nunca ás túas ideas. Traballando con amor no que se fai haberá a oportunidade de aproveitar calquera situación de forma positiva.


Confianza e seguridade

É unha das principais claves. É vital ter confianza e seguridade tanto nun mesmo como no producto/servizo que se está a ofrecer. É importante deixar os medos a un lado e non dudar.


Capacidade de resolución

É importante ter a capacidade de superar calquera obstáculo e ir mellorando. Hai que desenvolver a capacidade de visualizar solucións rápidas e sólidas que non afecten ao noso obxectivo.


Liderazgo

Ser un bo líder fai que se poidan adaptar todas as oportunidades para conseguir o mellor no mercado. A formulación a nivel empresarial necesita un bo líder que esteña presente en todos os procesos e ideas que xurdan. Este líder debe motivar ás persoas que están ao ser redor para que o traballo sexa o máis efectivo posible.


Definición do nicho

Definir un nicho de mercado é básico á hora de emprender. Desta forma poderás comunicar as mensaxes e xerar novas demandas en torno á comunidade interesada.


É moi importante definir o perfil do teu público obxectivo e isto conséguese cun análise das fortalezas e recursos dos servizos que se ofrecen. Tamén é moi importante crear unha nova necesidade no consumidor.


Investimento

Isto non só fai referencia ao capital, senón tamén ao investimento de melloras das instalacións e na formación dos empregados.


Neste punto é moi importante tamén investir en tecnoloxía e márketing, xa que a día de hoxe mediante ambas cousas pódese chegar a moitas máis persoas.


Creatividade

É importante non parar de desenvolverse e de estar buscando sempre a novidade. O emprendedor ten que estar en constante creación, sobre todo á hora de promocionar e xestionar os seus servizos e productos. A creatividade tamén está na búsqueda de solucións para calquer tipo de obstáculo.


Coidado da reputación emprendedora

A imaxe dunha empresa depende das súas accións. Por iso é importante brindar a confianza que merecen aos teus consumidores. Unha boa traxectoria é indicio de calidade.


Coidado dos clientes

É vital conservar aos teus clientes, xa que sen clientes non hai negocio e sen negocio non hai éxito. O consumidor é a peza clave en todos os negocios e coidar del é responsabilidade do emprendedor. É importante coñecer as súas necesidades e crear unha boa estratexia de emprendemento para adaptar o negocio á demanda.


Actualización constante

Un emprendedor ten que estar en constante investigación para obter novos coñecementos para poder expor melloras que poidan diferenciar o negocio da súa competencia.


Conclusión

Estas son algunhas das claves para emprender. O máis importante é non terlle medo aos retos e crer nun mesmo. Ademais, débese coidar cada paso e asegurarse de tomar as mellores decisións.


En conclusión, emprender é unha forma de levar a cabo os teus soños e facelos realidade. Con esforzo, dedicación e confianza, pódense lograr grandes cousas.

Be the first one to leave a comment!
Sign in or join to post new comments