I Encontro de Benestar da Rede de Espazos - con Bea Lema

Asiste ao primeiro Encontro de Benestar da Rede de Espazos.Que imos facer?O "I Encontro de Benestar na Rede de Espazos de Traballo", que se celebrará en formato presencial e con conexión común por Zoom, nace da colaboración entre as xestoras dos espazos de coworking da Pobra e de Ames. A actividade ten como obxectivo poñer en valor o talento das persoas emprendedoras, ofrecerlles visibilidade ante un público real e favorecer oportunidades de colaboración. Ademais, busca que cada coworking abra as súas portas a novas persoas, dando a coñecer as súas instalacións e modo de traballo, ao tempo que reforza a identidade da Rede como un ecosistema vivo de persoas e proxectos conectados polo benestar, a cooperación e a innovación. Este encontro, centrado inicialmente no sector do Benestar, pretende ser a primeira semente dun modelo extensible a outros sectores e accións futuras dentro da rede. O encontro permite ás persoas coworker visibilizar os seus proxectos, recibir feedback e conectar con posibles colaboradoras. Para o público, é unha oportunidade de participar en experiencias prácticas arredor do benestar e descubrir iniciativas locais de valor.Programa detallado:10:30 – 10:40 | Benvida presencial en cada espazoPresentación breve do espazo e as súas instalacións para dar a coñecer o espazo ante posibles usuarias/os.10:40 – 11:40 | Obradoiro presencialBea Lema (Escuela Gallega de Bienestar) Pazo de Arenaza - Oleiros.Cun enfoque próximo e participativo, descubriremos como o entorno rural se converte nun espazo privilexiado para o benestar e a sustentabilidade, valorando tanto os recursos internos —como o coidado do corpo, o equilibrio mental e a xestión das emocións— como os externos —natureza, comunidade e cultura local—. Unha invitación a integrar ferramentas e hábitos que nos axuden a vivir dun xeito máis saudable e respectuoso con nós mesmos e coa Terra.11:40 – 12:15 | Conexión con toda a Rede (Zoom)12:15 – 12:30 | Peche conxuntoQuen participará?Bea LemaAutora, formadora e directora da Escuela Gallega de Bienestar.Bea Lema é unha profesional galega cunha ampla traxectoria vinculada ao benestar físico, mental e emocional. Funcionaria pública en situación de excedencia por interese particular, iniciou a súa carreira como técnica en actividades físicas e deportivas, traballando como socorrista, monitora de natación e de fitness.Un accidente de tráfico que a deixou temporalmente impedida marcou un punto de inflexión na súa vida profesional. Nese tempo, decidiu reorientar o seu camiño e preparouse para acceder á función pública, onde desenvolveu boa parte da súa carreira. Paralelamente, seguiu formándose en áreas relacionadas co coidado integral da persoa, como a instrución en Mindfulness e a prevención de riscos psicosociais, colaborando en accións formativas e dende o departamento de calidade do SEPE.Durante a pandemia, deu un novo xiro á súa traxectoria, apostando pola creación de programas formativos orientados a mellorar a saúde e o benestar integral. Así nace En Forma MC (mente e corpo), un proxecto desenvolvido en colaboración con concellos, institutos e forzas e corpos de seguridade como a Garda Civil, cun enfoque global que integra corpo e mente para contribuír a unha vida máis equilibrada e saudable.Como me inscribo?Soamente tes que facer clic no botón azul para rexistrarte!

Pazo de Arenaza
Pazo de Arenaza s/n, Iñás-Oleiros (Map)

Asiste ao primeiro Encontro de Benestar da Rede de Espazos.

Que imos facer?

O "I Encontro de Benestar na Rede de Espazos de Traballo", que se celebrará en formato presencial e con conexión común por Zoom, nace da colaboración entre as xestoras dos espazos de coworking da Pobra e de Ames. A actividade ten como obxectivo poñer en valor o talento das persoas emprendedoras, ofrecerlles visibilidade ante un público real e favorecer oportunidades de colaboración. Ademais, busca que cada coworking abra as súas portas a novas persoas, dando a coñecer as súas instalacións e modo de traballo, ao tempo que reforza a identidade da Rede como un ecosistema vivo de persoas e proxectos conectados polo benestar, a cooperación e a innovación. Este encontro, centrado inicialmente no sector do Benestar, pretende ser a primeira semente dun modelo extensible a outros sectores e accións futuras dentro da rede. 
O encontro permite ás persoas coworker visibilizar os seus proxectos, recibir feedback e conectar con posibles colaboradoras. Para o público, é unha oportunidade de participar en experiencias prácticas arredor do benestar e descubrir iniciativas locais de valor.
Programa detallado:
10:30 – 10:40 | Benvida presencial en cada espazo
Presentación breve do espazo e as súas instalacións para dar a coñecer o espazo ante posibles usuarias/os.
10:40 – 11:40 | Obradoiro presencial
Bea Lema (Escuela Gallega de Bienestar) Pazo de Arenaza - Oleiros.
Cun enfoque próximo e participativo, descubriremos como o entorno rural se converte nun espazo privilexiado para o benestar e a sustentabilidade, valorando tanto os recursos internos —como o coidado do corpo, o equilibrio mental e a xestión das emocións— como os externos —natureza, comunidade e cultura local—. Unha invitación a integrar ferramentas e hábitos que nos axuden a vivir dun xeito máis saudable e respectuoso con nós mesmos e coa Terra.
11:40 – 12:15 | Conexión con toda a Rede (Zoom)
12:15 – 12:30 | Peche conxunto

Quen participará?

Bea Lema

Autora, formadora e directora da Escuela Gallega de Bienestar.

Bea Lema é unha profesional galega cunha ampla traxectoria vinculada ao benestar físico, mental e emocional. Funcionaria pública en situación de excedencia por interese particular, iniciou a súa carreira como técnica en actividades físicas e deportivas, traballando como socorrista, monitora de natación e de fitness.

Un accidente de tráfico que a deixou temporalmente impedida marcou un punto de inflexión na súa vida profesional. Nese tempo, decidiu reorientar o seu camiño e preparouse para acceder á función pública, onde desenvolveu boa parte da súa carreira. Paralelamente, seguiu formándose en áreas relacionadas co coidado integral da persoa, como a instrución en Mindfulness e a prevención de riscos psicosociais, colaborando en accións formativas e dende o departamento de calidade do SEPE.

Durante a pandemia, deu un novo xiro á súa traxectoria, apostando pola creación de programas formativos orientados a mellorar a saúde e o benestar integral. Así nace En Forma MC (mente e corpo), un proxecto desenvolvido en colaboración con concellos, institutos e forzas e corpos de seguridade como a Garda Civil, cun enfoque global que integra corpo e mente para contribuír a unha vida máis equilibrada e saudable.


Como me inscribo?

Soamente tes que facer clic no botón azul para rexistrarte!