Preséntate! Dinos quen eres, a que te dedicas e cal é o teu proxecto actual.
Chámome Rebeca, teño formación en comunicación e marketing, no que traballei os últimos anos, e dende fai dous meses tireime á piscina e estou desenvolvendo un proxecto persoal que é unha aplicación no ámbito dos medios de comunicación.

Por que decidiches acceder a un coworking en vez de a unha oficina tradicional?

Pois creo que o coworking é un espazo no que pode haber sinerxias entre compañeiros/as. Creo que cando estás desenvolvendo unha idea necesitas un pouco de empatía con xente que tamén está na túa mesma situación e tes un pouco de apoio.

Que vantaxes cres que ten traballar nun coworking?

Pois flexibilidade, porque tes varios espazos que podes empregar de maneira individual. Neste caso, tamén temos sala de formación, sala de xuntas, dispoñible para nós. Tamén creo que os compañeiros/as, aínda que estean en proxectos distintos, sempre poden aportar. Á parte, aquí facemos reunións nas que expoñemos preguntas sobre as que queremos opinión e que che dean opinión de xente que tamén estea na túa mesma situación é importante, porque sempre che vai aportar ou mesmo facerche pivotar de idea e mellorar. E que é o máis importante.

Que é o que máis che gusta de traballar en Arenaza?

Á parte do espazo que ten o Pazo de Arenaza, que é un sitio moi bonito, a xente que traballa aquí, porque nos fixeron sentir dende o primeiro día como na casa, que é moi importante sentirte acollido no espazo no que vas a construír algo teu, e tamén os compañeiros/as, porque temos unha comunidade bastante boa, cercana, na que podemos falar de todo.

Como transcorre unha xornada laboral para ti?

Adoito vir sobre as nove e o primeiro que fago é facer como un croquis das cousas máis importantes que teño que facer no día de hoxe e comezo co máis importante. Ás 11:20 soa a musiquiña para o café, tomámonos un cafeciño, ás veces máis largo e outras máis curto, e sigo co plan.

Agora en verán sobre as 14-14:30 voume, porque é algo máis light, vamos.

Cales son as túas tres cousas imprescindibles á hora de traballar?

Un boli, unha libreta e un ordenador.

Que é o que máis che gusta do teu traballo?

O traballar para mín, en algo que me gusta. Para mín iso é clave.

Que cousas che gusta facer no teu tempo libre?

Este ano comecei no box de Drako, aquí en Bergondo, de crossfit e, a verdade, é unha das decisións que me arrepinto de non haber tomado antes porque, á parte de mellorar un pouco a túa condición, para a cabeza (que para mín é crucial) estás máis liberada. E crossfit é o que máis me gusta.

Xa para rematar, recoméndanos: unha película, unha serie, un libro e unha canción!

Película, a miña preferida, aínda que non é moi coñecida, é El sur, de Víctor Erice. Ten unha luz, unha historia que me sinto identificada, gústame moito.

Unha serie, que vería moitas veces capítulos soltos, Girls.

Libro… Un dos últimos que lin que me gustou El nombre del viento.

Canción imposible dicir unha, pero Pearl Jam, Black Sabbath, Che Sudaka… Moitos estilos me gustan a mín. 



Podes atopar a Rebeca en:

Artículos relacionados

0 comment(s)