Preséntate! Dinos quen es, a que te dedicas e cal é o teu proxecto actual.
Son Paulina Ochedalska, de Paiosaco oficialmente e extraoficialmente de Polonia. Levo doce anos dedicándome ao marketing e ao e-commerce, todo o relacionado co mundo dixital e a industria da moda.
Agora mesmo dedícome a un proxecto persoal que estamos compoñendo catro persoas, Cuatro&Pico e dedicámonos ao retail marketing. Existen cousas similares, pero nós somos únicos!

Cóntanos máis sobre o teu proxecto. Como xurdiu? Cal cres que é o seu futuro?

Somos catro amigos que nos encontramos de casualidade no momento axeitado. Todos estabamos buscando unha cousa nova, un xiro na nosa vida, e así xurdiu. Xosé Ramón dou unha idea e aí fomos os catro que formamos o proxecto.

Por que decidiches acceder a un coworking en vez de a unha oficina tradicional?

É moito máis fácil para un emprendedor empezar nun espazo xa creado, non comezar dende cero creando a túa propia oficina. Un coworking significa estar con máis xente, en proxectos diferentes, e poden xurdir moitas sinerxías entre compañeiros/as que temos ao noso arredor. É moitísimo máis ameno e, como dixen, máis fácil.

Que vantaxes cres que ten traballar nun coworking?

Hai moitas: é un espazo xa preparado, a xente que hai ao noso arredor e é máis divertido!.

Que é o que máis che gusta de traballar en Arenaza?

O espazo, a amplitude, a luz, a arquitectura en si, estar rodeada de xente moi boa. O ambiente en xeral… e o café!

Como transcorre unha xornada laboral para ti?

A verdade é que, no proxecto no que estamos, o día pasa voando. Comezamos pola mañá, enfocámonos moito no proxecto que temos actual para sacar e intentamos aprender cousas novas a diario, enfocándonos tamén na busca de novos proxectos que nos poidan aportar máis clientes ou cousas novidosas.

Cales son as túas tres cousas imprescindibles á hora de traballar?

Se falamos de obxectos, serían o móbil, un portátil/ordenador e unha cámara de fotos. Imprescindible tamén o wifi e o bo ambiente, pero iso non nos falta.

Que é o que máis che gusta do teu traballo?

O que máis: a creatividade, é moi diverso, falta rutina e podemos poñer o noso gran de area en proxectos moi diferentes.

Que cousas che gusta facer no teu tempo libre?

Ante todo viaxar, coñecer xente, o deporte, o paddle surf (que, por certo, temos pendente, así que rapaces/as do coworking que leades isto: temos que facer unha saída de paddle surf!), a patinaxe e o deporte en xeral, ler, o cine e falar.

Xa para rematar, recoméndanos: unha película, unha serie, un libro e unha canción!

Película, a última que vin, Quien a hierro mata, creada en Galicia; unha historia que podería ser certa, cun gran reparto e moi boa peli.
Serie, Big Little Lies, de HBO; libro sería Budda i miłość, que quere dicir Buda e o amor, un libro moi recomendable para aprender sobre nós e sobre o noso funcionamento como parella; e a miña canción favorita, de No Doubt, Don’t Speak.

Podes atopar a Paulina en:
Páxina web
Linkedin

Artículos relacionados

0 comment(s)