Preséntate! Dinos quen es, a que te dedicas e cal é o teu proxecto actual.
Son María Mayorga, son xornalista e educadora e teño un proxecto educativo que se chama In Natura, que divulga a educación na natureza en España e faino por distintas vías. Unha delas é a xestión ou o mapa/directorio de escolas na natureza de España; divulgo investigacións científicas, moitas veces son traducións de outros países que xa levan máis traxectoria, ofrezo recursos para docentes e para familias e, sobre todo, asesoramento pedagóxico a proxectos que están comezando e formación, que estou dándolle un impulso tanto presencial como online.

Cóntanos máis sobre o teu proxecto. Como xurdiu? Cal cres que é o seu futuro?

O proxecto xurde en torno ao 2013 nun momento vital no que me fago un par de preguntas: que é o que realmente me fai feliz a min e que é o que creo que podo aportar a este mundo. Como resposta a estas dúas cuestións nace In  Natura, que vincula a infancia e a natureza, que son as miñas dúas grandes paixóns.
Ao principio viaxei para coñecer escolas na natureza, fundamentalmente por Europa, e á volta comezo a dedicarme aquí a escolas da natureza, fun acompañante en algunhas de España, e agora estou retomando o meu propio proxecto e dedicándolle máis tempo a esa parte de formación e asesoramento que, durante moito tempo, me comezaban a demandar.

Por que decidiches acceder a un coworking en vez de a unha oficina tradicional?

No meu caso, a miña oficina adoita ser a natureza, entón fago unha distinción entre calquera coworking e, en concreto, este coworking. Creo que o Pazo de Arenaza ten unha instalación espectacular e unha contorna natural precisamente moi estimulante que outros coworking non teñen. A nivel familiar, a nivel loxístico, víñanos moi ben está moi preto de onde vivimos.

Que vantaxes cres que ten traballar nun coworking?

Que ten unha mestura de persoas moi rica e, en concreto neste coworking, hai mixtión de sectores e creo que iso é unha gran oportunidade para crear sinerxías, para crear colaboración, para coñecer distintas persoas de distintos eidos.

Que é o que máis che gusta de traballar en Arenaza?

Traballar cunha riqueza de persoas moi variada. Creo que unha das cousas que tamén destacaría de Arenaza sería a xestión que se está facendo do propio coworking, detrás de todo isto tamén hai un gran traballo por parte da coordinación , un esforzo moi grande, pero tamén de gran valoración.

Como transcorre unha xornada laboral para ti?

A miña rutina é un pouco diferente ao mellor con respecto a outras persoas porque, tanto a outra parte do proxecto coma min fomos recentemente pais e iso modifica a rutina de traballo; máis ou menos tratamos de conciliar. Eu, no meu caso concreto, adoito organizarme de forma semanal, establezo que obxectivos quero esa semana e logo vexo un pouco se son do pazo ou se son máis de taller, de realizar cousas de carpintería ou de transformación de materiais.

Cales son as túas tres cousas imprescindibles á hora de traballar?

Tempo, que non é moi fácil agora; natureza, necesito elementos da natureza: madeira, pedras…; e algunha ferramenta de carpintería.

Que é o que máis che gusta do teu traballo?

Creo que diría que o que máis me gusta é poder dedicarme ao que máis me gusta. Para min é moi importante traballar a creatividade.

Que cousas che gusta facer no teu tempo libre?

Encántame saír a camiñar ao bosque, encántame levarme á pequena na mochila e saír a camiñar, tamén coa cadela, e en ratiños libres que poida ter, gústame moito traballar, dedicarme a facer cousas coas mans, coa madeira, coa pintura… E, se xa teño moito tempo libre, gústame bailar, o que pasa é que fai moito que non teño tanto tempo para iso!

Xa para rematar, recoméndanos: unha película, unha serie, un libro e unha canción!

Unha película… Creo que diría Hacia Rutas Salvajes. Logo, tamén hai outra que me gusta moito que se chama Capitán Fantástico, por todo o debate educativo que leva a propia película.
Unha serie… Diría A dos metros bajo tierra. E outra que tamén teño que citar porque me gusta moitísimo é The Marvelous Mrs. Maisel. As dúas son moi distintas, pero de grandísima calidade a nivel fotografía, a nivel guión… Recomendables 100%!
Un libro… Vou citar dous. Un El sentido del asombro, de Rachel Carson, que precisamente fala moito do tema do asombro na infancia, e un dos último que lin tamén Somos Naturaleza, que ademais escribiuno unha colega da natureza que se chama Katia Hueso.
Unha canción ou música, diría Salvaje, de Tenpel.


Podes atopar a María en:
Páxina web
Linkedin
Twitter
Facebook
Pinterest
Youtube

Artículos relacionados

0 comment(s)