Durante a segunda edición do Digital Transformation Day, xornada organizada polo ICOIIG dentro dos Tech Days de Arenaza, puidemos coñecer un pouco mellor a industria 4.0, as tecnoloxías implicadas e o funcionamento da transformación dixital. En canto a este último punto, Pablo Pérez (director de xestión do ICOIIG) afondou no papel do ser humano neste proceso.
A transformación dixital consiste na integración da tecnoloxía dixital en todas as áreas da empresa, cambiando fundamentalmente a forma na que se opera e brindando valor aos seus clientes/as:
  • Dixitalización da oferta dos produtos e servizos;
  • Dixitalización dos clientes e modelos de negocio;
  • Dixitalización e integración de cadeas de valor verticais e horizontais.
As tecnoloxías habilitadoras da transformación dixital son o Big Data e a Analítica, a Nube, a Ciberseguridade, os Robots autónomos, a Integración de sistemas, a Realidade Virtual e Aumentada, a Simulación, a Fabricación Aditiva e o Internet das Cousas (IoT).
Con respecto ao proceso de tecnoloxización queda moito por facer, pois en España aínda estamos á cola do mundo neste eido; lideran, dentro da UE, o Reino Unido, os Países Baixos e Suecia, e mundialmente países como Estados Unidos ou Corea do Sur, un caso moi destacable, pois actualmente é o lugar con máis robots por persoas na industria manufactureira.

Imos perder os nosos traballos por culpa da dixitalización?

As cuestións anteriores fan xurdir preguntas como se realmente estamos perdendo os nosos traballos por culpa dos robots, pero temos que ter claro que as persoas son o punto clave da transformación dixital. A tecnoloxía dixital é un medio, non unha estratexia, e o proceso está dirixido polas propias persoas. O traballo do futuro ten que aportar un valor na empresa, polo que debemos cambiar o noso conceptos como traballadores/as.
Esta parte de cambio nas dinámicas da empresa conforma o punto máis difícil. O dixital convirte os procesos en datos, o que permite ás organizacións ver o seu negocio a través da lente dos datos no lugar do obxecto do proceso. De repente, todo eses datos deixan claro que a xente importa e que a experiencia do cliente tamén importa. Por exemplo, en vez de ver o servizo ao cliente como un conxunto de procesos que inicia o cliente ou a organización, son os datos do cliente os que obrigan á organización a pensar na súa propia experiencia.
Nun mundo baseado en datos, unha organización pode reconsiderar moitas das súas suposicións antigas. Cando AirBnB, por exemplo, se separou dos procesos e se centrou nos datos, deuse conta de que a empresa non necesita posuír activos físicos (hoteis).

Os obstáculos na transformación dixital

Segundo Forbes e IBM, máis do 80% das empresas que inician un proceso de transformación dixital fracasan. Algúns dos motivos que levan a isto son o medo aos cambios, a falta de planificación e a carencia de formación.
Podemos pensar que a tecnoloxía se opón ao mantemento dun posto de traballo, pero a realidade é que nos vai axudar a mantelo. A día de hoxe, un 29% das tarefas laborais son realizadas por máquinas, apoiando o argumento de que a automatización vai eliminar empregos, pero no que non adoitamos reparar é en que tamén se van crear novas funcións, aquelas que aporten valor na empresa. As actividades repetitivas están mortas xustamente por este motivo.
A transformación dixital na PYME converteuse nun necesario viaxe cara a supervivencia. As revolucións anteriores aportaron á civilización forza ou destreza, mentres que a diferencia reside en que nesta as capacidades van moito máis alá, son cognitivas.

O proceso de dixitalización

Para exemplificarnos como é un proceso de dixitalización, Pablo escolleu o propio caso do ICOIIG e amosounos todos os puntos polos que pasaron para afrontar a transformación dixital.
1. Discovering: estado actual da empresa no contexto da dixitalización, entender e comprender a situación facendo unha disección de tecnoloxías.
2. Comprender Estratexia de Negocio: mellorar a calidade de resposta, o foco principal.
3. Definición de Procesos Dixitalizables: pensar que actividades/procesos eran repetitivos e cales reproducibles por unha máquina. Non o fixo só unha persoa, senón todos xuntos.
4. Aproveitar os Intraemprendedores: é clave, coñecer á xente coa que contas e aproveitar as súas iniciativas, identificando que son e dándolles os proxectos.
5. Definir plataformas de IA ou Big Data a usar.
6. Deseñar unha nova experiencia de cliente: moi importante o feedback.
7. Examinar Drivers tecnolóxicos a incorporar.
8. Recoñecer o medo a ser substituído.
9. Formación en Novas Tecnoloxías.
10. Metodoloxías de traballo Áxiles

A continuación, un breve vídeo realizado por Enfócate Fotografía e Branding que resume a segunda xornada do Digital Transformation Day:


Todas as presentacións dos Digital Transformation Days estarán dispoñibles en breves na páxina das Oficinas de Transformación Dixital.

Se queres estar ao tanto de todo o que vai pasando no pazo, presta atención a este blog, ás nosas redes sociais e á nosa páxina web. Moi pronto volveremos con máis novidades!

Artículos relacionados

0 comment(s)