Daniel Prieto, CEO de Soltec, fixo unha intervención durante o último Digital Transformation Day para facernos diferenciar entre a evolución e a disrupción e tamén para achegarnos o coñecemento sobre os xemelgos dixitais.
Primeiramente, debemos saber o significado máis básico das nocións que nos atinxen. A evolución é o cambio ou a transformación de algo de xeito gradual; en cambio, a disrupción é unha interrupción súbita de algo.
A industria 4.0 é o resultado da cuarta revolución industrial, que nesta ocasión trátase dunha revolución a nivel tecnolóxico e dixital e representa as novas formas nas que a tecnoloxía se integra nas sociedades e, incluso, no corpo humano, supoñendo unha "softwarización" do mundo físico. Esta liña ascendente estanos levando cara as Smart Society, as sociedade 5.0, nas que os seres humanos o asimilaremos todo, sendo Xapón o país que lidera este apartado.

As 10 tendencias de Gartner

A empresa consultora e investigadora Gartner publica unha lista coas tendencias tecnolóxicas cada ano. Para o 2019-2020, neste listado aparecen:
  • A autonomía das cousas.
  • A analítica aumentada.
  • A intelixencia artificial.
  • Os xemelgos dixitais.
  • A computación potenciada.
  • As experiencias inmersivas (realidade aumentada, virtual e mixta).
  • O blockchain.
  • A privacidade e a ética.
  • Os espazos intelixentes.
  • A computación cuántica.

O proceso de dixitalización

Neste proceso atopámonos cun modelo de maduración dixital:
1. Iniciar
2. Difundir
3. Aliñar
4. Optimizar
5. Automatizar
6. Transformar
7. Mellorar
Algúns dos principais erros á hora de afrontar este proceso de dixitalización son crer que isto é unha etapa pasaxeira (unha moda), pensar que as nosas empresas non son afectadas pola dixitalización ou, incluso, que podemos solucionar todos os problemas con diñeiro.
Ata agora, o que nos atopábamos nas empresas era un modelo de innovación clásico. España, neste sentido, é un país no que se gasta a metade en I+D que no resto da Unión Europea, sendo as pymes as que máis inverten. É necesario un cambio de paradigma, acoller un ecosistema de innovación aberta (open innovation) cun novo modelo, o Lean Startup Method, no cal desenvolver metodoloxías áxiles como o Customer Development ou o Agile Development.
Tamén trataremos con novos esquemas de financiamento verticais para as fases de incubación, aceleración e consolidación. No ecosistema galego, algúns dos axentes implicados son a Xunta de Galicia, o Gain, o Igape, XesGalicia... Contamos tamén co financiamento de Europa a través dos Hub de innovación (Modelo Hub de innovación).

Que son os xemelgos dixitais?

Daniel introduciunos o termo xemelgos dixitais. Acuñado pola NASA en 2012, refírese a unha réplica dixital dunha entidade física viva ou non viva. Esta tecnoloxía disruptiva é vital no desenvolvemento da cuarta revolución industrial, pois aplica a intelixencia artificial e a análise dixital:
- Describe: que pasa.
- Predín: que pasou.
- Prescriben: que hai que facer.
Son representacións que nos axudan a tomar decisións e a rendibilizar a industria 4.0, sendo a súa principal vantaxe a detección de problemas con antelación e a súa rápida resolución, predicindo virtualmente o que acontecerá no mundo físico.
A empresa Norlean creou NOA, un xemelgo dixital que integra todas as plataformas nunha soa:
- Para optimizar a transformación dixital.
- Modelos de sistemas operativos de negocios detallan procesos de negocios e interaccións do sistema.
- Sofisticados e eficientes modelos de fábricas.

Todas as presentacións dos Digital Transformation Days estarán dispoñibles en breves na páxina das Oficinas de Transformación Dixital.
Se queres estar ao tanto de todo o que vai pasando no pazo, presta atención a este blog, ás nosas redes sociais e á nosa páxina web. Moi pronto volveremos con máis novidades!

Artículos relacionados

0 comment(s)