O mundo está en constante cambio, pero o que non cambia é a importancia da unión das persoas e de traballar en equipo. Ao unirse diferentes personalidades con destrezas e coñecementos diferentes, os seus talentos únense e as metas acádanse de forma máis natural e orgánica.


Neste artigo falamos da importancia que ten o traballo en equipo e o nutrirse doutras persoas para chegar a resultados comúns.

O traballo en equipo

É a capacidade necesaria para que todos os membros dun proxecto consigan un obxectivo común. Cada persoa aporta as súas habilidades, coñecementos e tempo para chegar a un resultado de forma conxunta.


Ademais, é unha das características máis demandadas polas empresas, xa que é unha habilidade necesaria para facilitar que se cumplan os obxectivos. 


Ao executarse de forma correcta permite alcanzar obxectivos empresariais en menor tempo e con maior eficiencia. 


Para que haxa éxito, é necesario que haxa unha boa coordinación, moita comunicación e un bo liderazgo que facilite a resolución de problemas a medida que poidan surxir. 


Habilidades do traballo en equipo

A unión das capacidades, destrezas e intelixencia dun grupo de persoas require unhas habilidades necesarias para conseguir os mellores resultados. Falemos dalgunhas.


Liderazgo

Dentro dun equipo ten que haber unha persoa ou persoas que saiban liderar en estructuras horizontais. Un líder debe ofrecer confianza e motivación ao resto do seu equipo. Ten que axudar en todo o posible e facilitar o traballo aos demais.


A esencia do liderazgo é lograr obxectivos dignos mediante os esforzos conxuntos de todo o equipo.


Empatía e intelixencia emocional

Unha das mellores decisións para que os membros do equipo se poñan na situación dos demais é rotar aos profesionais polas diferentes áreas ou tarefas a realizar. Isto permitirá que os traballadores falen con propiedade das diferentes tarefas e que saiban o que implica cada unha.


Trátase de que os membros do equipo entendan en que consiste o traballo dos demais. Ademais, ter unha visión xeral de todas as tarefas axudará a empatizar co resto de compañeiros.


Isto tamén fará que o equipo en xeral propoña melloras que inflúen ao desenvolvemento da empresa, xa que se coñecen todos os puntos de vista.


Tamén é de gran importancia entender, recoñecer e xestionar as emocións propias e as dos demais. Disto trata a intelixencia emocional. O que este término abarca axuda a fortalecer a colaboración entre persoas, impulsa o liderazgo efectivo e facilita a resolución de conflictos. É de gran importancia para todos os ámbitos da vida, pero, neste caso, é unha peza clave no traballo en equipo.


Escoita activa

Saber escoitar é importante, pero no caso do traballo en equipo, debemos escoitar para entender o que está pasando, como se sinte o equipo, os problemas que existen e cales son as necesidades da organización.


Escoitar de forma activa require esforzo, xa que é importante entender os sentimentos, ideas e pensamentos do resto do grupo. É importante non xuzgar, facer saber ao interlocutor que entendemos o que nos di e que o estamos a escoitar; e dar un feedback en todo momento. 


Capacidade resolutiva

É moi importante ser resolutivos e reunir habilidades que permitan solucionar problemas que poidan surxir na organización.


A capacidade resolutiva é a habilidade de tomar decisións da forma máis eficaz e rápida posible ante calquer imprevisto. É unha das cualidades máis demandadas na actualidade.


Dotes de comunicación

A comunicación é a base do traballo en equipo para que todo funcione. É importante dar confianza para que así as persoas se sintan libres para expresar as súas opinións e comunicar os seus métodos de traballo sin sentirse xuzgadas.


É vital, ademais, deseñar un plan de acción de traballo en equipo para establecer unha correcta comunicación interna. Hai que ser transparentes e comunicar todo o que afecta ao equipo.


Os membros do equipo, ao intercambiar información entre eles, poden resolver os problemas de maneira máis eficiente e creativa.


Capacidade organizativa

Unha boa organización e automatización dos procesos axudará a que os membros do equipo sexan máis productivos e efectivos. Un traballo ordenado, ben estructurado e organizado fai que haxa maior implicación e motivación.


A organización é a base do traballo en equipo.


Responsabilidade

Está ligada ao compromiso e á toma de decisións de forma consciente. Un líder ten que recoñecer e aceptar as consecuencias das decisións que se tomen.


Flexibilidade

É moi importante traballar con estructuras flexibles, abertas á innovación e a probar novas formas de realizar as tarefas.


Se na empresa hai unha forma de actuar ríxida, será moi complicado que surxa a innovación e a creatividade. Ademais, isto tamén implica que ao equipo lle coste propoñer novas ideas, proxectos ou formas de facer as cousas.


Ser flexibles é importante se se quere apostar por un traballo en equipo innovador e aberto ao cambio.


Motivación

Esta habilidade está ligada á capacidade que teñen algunhas persoas de conseguir que os demais se sintan ben. É importante axudar a mellorar a autoestima dos demais e a comprometerse co proxecto.


Hai moitas formas de conseguir motivar ao equipo como recoñecendo o traballo ben feito ou otorgando novas responsabilidades. En definitiva, un equipo motivado é un equipo con ganas de aportar valor e ideas á empresa.


Enfoque a obxectivos

É moi importante establecer obxectivos claros e especificos para que todos os integrantes do equipo poñan o foco no mesmo punto. Unha das claves para isto é deseñar esos obxectivos e metas de forma conxunta con todo o equipo.


Vantaxas do traballo en equipo


Fomenta a comunicación eficaz

A comunicación é clave para lograr un traballo en equipo eficaz. É necesario comunicarse para crear unión e obxectivos claros e comúns.


Mellora o brainstorming

Un bo traballo en equipo implica que o grupo se comunique e se sinta cómodo compartindo os seus pensamentos e puntos de vista. As chuvias de ideas son un dos exemplos de traballo en equipo máis representativos.


Fomenta un obxectivo común

É moi importante que todos os membros do equipo teñan un obxectivo común para que todo vaia encamiñado cara a misma meta. 


Mellora as habilidades de resolución de problemas

Ao traballar xuntos na resolución de problemas, pódense ofrecer solucións máis rápidas e máis efectivas.


Axuda a desenvolver confianza

Un equipo no que os seus membros confían entre eles é moi importante á hora de comunicar as ideas, colaborar na empresa e desenvolver a fortaleza de forma individual. Ademais, surxe o sentido de pertenenza ao grupo.


Mellora a cultura corporativa

A cultura corporativa implica facer que os membros do equipo se sintan escoitados e empoderados para facer o mellor traballo posible. É importante fomentar o traballo en equipo e o compañerismo.


Xera eficencia

Un equipo eficiente traballa en conxunto para abordar os problemas e as tarefas diarias.


Aumenta o compromiso dos empleados

Co traballo en equipo, os membros estarán máis felices e fortalecerase o sentimento de pertenenza.


Motiva aos equipos de alto rendimento

Canto maior sexa o rendimento de cada membro do equipo, maior será o rendemento do equipo en xeral.


Desenvolve as fortalezas individuais

O traballo en equipo tamén involucra o desenvolvemento individual de cada compoñente.


Mellora as habilidades de toma de decisións

O traballo en equipo axuda a mellorar estas habilidades ao alentar aos membros do equipo a responder preguntas e tomar decisións en tempo real. É importante darlle ao teu equipo a autonomía necesaria para que tomen estas decisións pola súa conta.


Conclusión

O traballo en equipo é unha ferramenta valiosa e útil para toda empresa. Fai que se fortalezan os vínculos e permite unha comunicación clara. É a base das organizacións e ten gran importancia no ámbito laboral.


Crear un equipo e traballar xuntos é unha responsabilidade para a que hai que desenvolver estratexias que garantan un rendemento eficiente que leve á máxima producción e benestar dos membros do equipo.

Be the first one to leave a comment!
Sign in or join to post new comments