A Deputación da Coruña, a través do Plan de emprego local (PEL), destina durante 2019 un orzamento de 3 millóns de euros para apoiar os concellos coruñeses de menos de 20.000 habitantes na contratación de persoas desempregadas para a prestación de servizos locais básicos.

O organismo provincial publica hoxe no Boletín Oficial da Provincia as asignacións económicas que corresponden a cada concello, que oscilan entre os 19.000 e os 52.000 euros, en función do número de parados rexistrados en cada municipio. A totalidade dos concellos coruñeses que optaban a estas axudas obtiveron as subvencións, agás Rois, por non ter aprobada e presentada ante os órganos de control externo a última conta xeral do municipio.

Segundo subliñou o presidente provincial, Valentín González Formoso, a Deputación manterá en 2019 a súa aposta polo emprego como a principal prioridade e o eixo transversal de todas as súas políticas. Neste sentido, Formoso lembrou que a liña de apoio aos concellos do PEL, que nos exercicios 2017 e 2018 permitiu a creación de 921 postos de traballo nos concellos coruñeses, aspira a crear este ano arredor de 500 novos empregos, priorizando a inserción laboral das persoas con maiores dificultades.

Coa súa asignación do PEL- Concellos, os municipios coruñeses poderán financiar, ata o 31 de decembro de 2019, os custos salariais e de seguridade social derivados da contratación de novo persoal que se destinará á mellora dos servizos municipais básicos.

Os operarios, que deberán ser contratados cunha xornada mínima semanal de 25 horas, realizarán labores como recollida e tratamento de residuos, limpeza viaria, mantemento da rede de sumidoiros e iluminación pública, melloras no acceso aos núcleos de poboación e pavimentación de camiños, mantemento de parques e xardíns ou traballos nas bibliotecas municipais.

Destinado a persoas con dificultades de inserción laboral

A Deputación esixe nas bases do programa que a contratación beneficie especialmente a aqueles colectivos máis afectados polo desemprego: maiores de 45 anos, parados de longa duración, persoas cun grao recoñecido de discapacidade, persoas pertencentes a fogares con todos os seus membros en paro, vítimas de violencia de xénero, persoas en risco de exclusión social ou mulleres, dado que o índice de paro rexistrado entre as mulleres é sensiblemente superior ao dos homes.

Dentro destes colectivos, os concellos primarán a aquelas persoas que teñan rematado favorablemente programas de capacitación, formación e integración no mundo laboral organizados ou financiados polas administracións públicas.

Apoio ás PEME, autónomos, emprendedores e ao rural

O PEL-Concellos é unha das tres liñas principais de actuación que inclúe o Plan de emprego local (PEL) da Deputación da Coruña. O programa contempla un investimento global de 30 millóns no período 2016-2019 para estimular a creación de 3.000 novos postos de traballo directos nos sectores público e privado, así como apoiar as iniciativas emprendedoras nacidas na provincia.

Ademais deste programa de apoio aos concellos para a xeración de emprego, a institución provincial ten activas as liñas PELAME, que subvenciona a autónomos e pequenas e medianas empresas da provincia o 75% dos custes salariais da contratación de novo persoal e PEL- Emprende, que inclúe accións de fomento da iniciativa empresarial para empresas de recente creación, promoción dos viveiros de empresas e espazos de traballo colaborativo (coworking).

Por outra banda, no pleno do mes de marzo aprobouse unha liña do Plan de emprego local, o PEL-Emprego sostible no eido rural, dotado con 5.315.739 euros dedicada a impulsar a formación e a creación de emprego nos municipios rurais da provincia.

 

 

ASIGNACIÓNS DA LIÑA PEL-CONCELLOS 2019 POR MUNICIPIOS

(En función do número de parados de cada concello)

 

Concello

Achega económica(en euros)

BAÑA, A

31.000,00

CAPELA, A

23.609,80

LARACHA, A

52.000,00

POBRA DO CARAMIÑAL, A

49.000,00

PONTES, AS

46.000,00

SOMOZAS, AS

25.000,00

ABEGONDO

34.000,00

ARANGA

21.939,20

ARES

46.000,00

ARZÚA

37.000,00

BERGONDO

42.778,17

BETANZOS

52.000,00

BOIMORTO

25.000,00

BOIRO

52.000,00

BOQUEIXÓN

31.000,00

BRIÓN

46.000,00

CABANA DE BERGANTIÑOS

37.000,00

CABANAS

28.000,00

CAMARIÑAS

41.810,63

CARIÑO

31.000,00

CARNOTA

34.000,00

CARRAL

36.121,90

CEDEIRA

43.000,00

CEE

52.000,00

CERCEDA

31.000,00

CERDIDO

22.000,00

COIRÓS

25.000,00

CORCUBIÓN

25.000,00

CORISTANCO

49.000,00

CURTIS

28.000,00

DODRO

31.000,00

DUMBRÍA

37.000,00

FENE

51.721,08

FISTERRA

43.000,00

FRADES

25.000,00

IRIXOA

25.000,00

LAXE

37.000,00

LOUSAME

28.000,00

MALPICA DE BERGANTIÑOS

43.000,00

MAÑÓN

25.000,00

MAZARICOS

27.982,12

MELIDE

46.000,00

MESÍA

24.895,92

MIÑO

40.000,00

MOECHE

22.000,00

MONFERO

25.000,00

MUGARDOS

43.000,00

MUROS

46.000,00

MUXÍA

37.000,00

NEDA

43.000,00

NEGREIRA

46.000,00

NOIA

50.007,00

ORDES

52.000,00

OROSO

43.000,00

ORTIGUEIRA

43.000,00

OUTES

37.000,00

PADERNE

25.000,00

PADRÓN

49.000,00

PONTECESO

40.000,00

PONTEDEUME

46.000,00

PORTO DO SON

46.000,00

RIANXO

52.000,00

SADA

52.000,00

SAN SADURNIÑO

28.000,00

SANTA COMBA

49.000,00

SANTISO

25.000,00

SOBRADO

25.000,00

TEO

52.000,00

TOQUES

25.000,00

TORDOIA

25.000,00

TOURO

28.000,00

TRAZO

25.000,00

VAL DO DUBRA

28.000,00

VALDOVIÑO

46.000,00

VEDRA

31.000,00

VILARMAIOR

22.000,00

VILASANTAR

19.000,00

VIMIANZO

42.015,47

ZAS

34.000,00

O PINO

34.000,00

OZA CESURAS

34.000,00

Artículos relacionados

0 comment(s)