A Deputación Provincial da Coruña ven de publicar no seu Boletín Oficial da Provincia as instrucións de acceso ao espazo de traballo do Pazo de Arenaza. As solicitudes poderán ser presentadas a partir do día 2 de maio, de xeito telemático a través da plataforma SUBTeL. Para todos aqueles interesados/as en mandar a súa petición, dende o Pazo ofreceremos unha serie de sesións presenciais para orientar e axudar á presentación da mesma.

As solicitudes serán revisadas e, no caso de encontrar deficiencias na documentación, notificaráselle á persoa solicitante para poder enmendar o erro, establecendo dez días naturais para a notificación e logo dez días hábiles para a súa solución. Posteriormente, levarase a cabo a avaliación das solicitudes por medio dun sistema de puntuación, sendo necesario alcanzar un mínimo de 50 puntos (o máximo será 100 puntos) para que o proxecto sexa admitido como apto, destacando aqueles que estean no eido do urbanismo, a arquitectura, a tecnoloxía e a investigación.

A listaxe de espera será o medio a través do cal se ordene a prioridade de acceso ao espazo, sendo actualizada mensualmente, e poderá consultarse na páxina web do Plan de Emprego Local. Despois da primeira resolución de admisión, as seguintes realizaranse tendo en conta os postos vacantes e orde de prelación establecida na listaxe de espera, avaliándose a primeira semana de cada mes as novas solicitudes e establecendo a correspondente orde de prelación entre todas as solicitudes pendentes.

Pazo de Arenaza

Documentación requerida

As persoas destinatarias ao espazo quedan definidas en tres tipos, requerindo aportar en cada caso unha determinada documentación que precisaremos a continuación:

1. Persoas emprendedoras cunha idea de proxecto, denominadas en fase de preincubación, cun prazo máximo de duración de 18 meses.

a. Memoria técnica do proxecto empresarial (Anexo I).

b. Modelo de negocio (Anexo II).

c. Certificación orixinal dos datos bancarios da entidade, segundo o modelo aprobado pola Deputación da Coruña.

2. Novas empresas de menos de dous anos, denominadas en fase de incubación, cun prazo máximo de duración de 36 meses.

2.1. Persoas físicas:

Duplicado de resolución de alta en réxime especial de traballadores por conta propia ou autónomos actualizado ou, de ser o caso, no colexio profesional e mutualidade que corresponda.

2.2. Persoas xurídicas:

Escritura de constitución da entidade e as súas modificacións ou variacións posteriores, no caso de que as houbera, ou calquera outro documento análogo no que figuren os estatutos estipulación ou contratos privados, así como a inscrición no rexistro público correspondente.

2.3. Documentación común a presentar por persoas físicas e xurídicas:

a. Memoria técnica do proxecto empresarial (Anexo I).

b. Modelo de negocio (Anexo II).

c. Certificación orixinal dos datos bancarios da entidade, segundo o modelo aprobado pola Deputación da Coruña.

Cando as persoas solicitantes pretendas a admisión no espazo de bolseiros/as, en prácticas ou empregados/as contratados/as para o desenvolvemento dalgún dos proxectos, deberá presentarse adicionalmente a seguinte documentación:

  1. Contratos de traballo ou convenios de prácticas.
  2. Alta/s no réxime da Seguridade Social.
  3. Nos casos que sexa aplicable, poderanse substituír os documentos dos puntos a) e b) polo correspondente informe de vida laboral do codigo conta de cotización que inclúa as persoas contratadas.

3. Usuarios puntuais que soliciten as instacións e/ou servizos para actuación vinculadas.

Neste caso, soamente deberán presentar unha solicitude de xeito telemático cumprimentando o formulario da propia web ou, excepcionalmente, de maneira presencial na oficina de administración.

O acceso a postos de traballo para un mesmo proxecto empresarial está limitado a un máximo de cinco e todas as persoas emprendedoras/empresas deberán de carecer de locais onde exercer a actividade no momento en que presenten as súas solicitudes.

Información adicional

Na publicación do BOP tamén se reflectiu información relativa os espazos e infraestructuras, horarios de uso e unha serie de compromisos e obrigas para poder desenvolver a actividade diaria dun xeito óptimo. Ademais, o sistema de puntuación queda exemplificado para sinalizar os criterios meritorios.

Para máis información, podedes acceder ó BOP para ler todas as bases e consultar o noso apartado de solicitude de praza.

 

Outros enlaces de interese:

 

 

Artículos relacionados

0 comment(s)