Enredando Queres asistir a un evento que funciona como un encontro para persoas emprendedoras e/ou novas empresas con outros persoeiros de interese?
Gustaríache coñecer persoas do teu ámbito profesional coas que compartir experiencias e opinións de diversas materias?
Este é o teu evento! En EnReDando recibiremos a visita de diferentes profesionais que nos contarán as súas vivencias no entorno laboral nunha charla distendida e amena para tod@s.

Que imos facer?

Levaremos a cabo exposicións e presentacións breves, sinxelas e informais en público que xeren debates e opinións de interese para todos os asistentes, cun formato que invite a facer preguntas e manter un diálogo.

Quen o imparte?

 [Pendente de confirmación]

A quen está dirixido?

A emprendedor@s, novas empresas ou simplemente a calquera persoa con interese en ampliar o seu abanico de contactos profesionais e persoais e que queira coñecer visións e puntos de vista diferentes.

Como me inscribo?

Soamente tes que facer clic no botón azul para rexistrarte!

Sé el primero en dejar un comentario