Tech Days - Digital Transformation Day

Oíches falar da transformación dixital, pero non tes moi claro o que é?

Gustaríache aproveitar as novas tecnoloxías para facer medrar o teu proxecto?

Dentro dos Tech Days do Pazo de Arenaza, recibimos en Oleiros a xornada 'Digital Transformation Days' para profundizar neste cambio que se está dando en todos os sectores. 

A transformación dixital supón un cambio na sociedade coa integración das tecnoloxías dixitais. Estas aplícanse nas empresas co obxectivo de mellorar a eficiencia dos procesos, mellorar as experiencias e xerar novas oportunidades de negocio. 

Que imos facer?

Nesta xornada, organizada polo ICOIIG, imos coñecer en profundidade algunhas das tecnoloxías máis punteiras da Industria 4.0 e como poden aplicarse para obter un beneficio na nosa empresa:

- Big Data
- Ciberseguridade
- Blockchain
- Realidade Aumentada
- Intelixencia Artificial

Quen o imparte?

Guillermo López Taboada
CEO e Co-fundador de Torusware, empresa que desenvolve solucións tecnolóxicas Big Data e DeveOps. Ademais, é profesor asociado de Enxeñería Informática na Universidade da Coruña.

Rafael Villaverde
CEO de Infonet, empresa dedicada a servizos e solucións TIC e especialistas en soporte técnico, transformación dixital e ciberseguridade.

Daniel Cerqueiro
Experto en Marketing e Transformación Dixital, é CMO e Director de Procesos en Docuten, empresa con sede en A Coruña e Madrid que proporciona servizos de firma dixital, factura electrónica e cobros, automatizando o ciclo de documentos de negocio.

Xoel Vázquez
CEO de Xoia Software Development, empresa arraigada no sector da realidade aumentada e virtual que desenvolve produtos para todos os sectores.

Eduardo San Miguel
Con máis de quince anos de experiencia en diversos sectores, é experto en Business Intelligence e Big Data. Actualmente encárgase da área de Intelixencia Artificial en Barkibu.

A quen está dirixido?

A calquera persoa con interese no tema proposto.

Como o faremos?

Será unha xornada dividida en bloques, nos cales falaremos dunha tecnoloxía determinada.

9:00 - O Big Data
10:00 - Ciberseguridade
11:00 - Café
11:30 - Blockchain
12:30 - Realidade Aumentada
13:30 - Intelixencia Artificial
14:30 - Networking e Viño

Como me inscribo?

Para rexistrarte tes que cubrir o seguinte formulario:

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSc9cD68ISJaCn9dcRBTcdKefOPQIjpM_TQ4agWArH5gxoguHQ/viewform

Tamén podes rexistrarte no botón azul e esperar a que te mandemos a confirmación xunto co enlace ao teu correo electrónico!

Sé el primero en dejar un comentario