Almorzo no Pazo - Como aplico os obxectivos sostibles á miña empresa?

Cada vez vivimos nun mundo máis e máis conectado. A loita polo talento e o cambio climático non son só desafíos que acontecen en lugares afastados. Aínda estamos a tempo de afrontar riscos e crear novas oportunidades.No 2015, as Nacións Unidas impulsaron os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) como unha ferramenta para crear un mundo mellor para todas as persoas. Cada vez máis empresas analizan a súa situación con respectos aos ODS e tentan incluílos na súa estratexia.Que podes facer ti para mellorar a xestión da túa empresa neste eido?Que imos facer?Nesta sesión descubriremos por que son tan importantes os ODS e como podemos implementalos nos nosos negocios e proxectos, coñecendo os beneficios que podemos obter aplicándoos. Ademais, veremos como está o contexto empresarial internacional e a RSE do Reino Unido.Quen o imparte? Charlotte Österman - Socia e Directora de Desenrolo Sostible en Pax Tecum Global ConsultancyCharlotte é directora de Desenvolvemento Sostible en Pax Tecum Global Consultancy, unha consultoría especializada en diplomacia e desenvolvemento internacional que apoia a organizacións na creación de proxectos e negocios sostibles arredor do mundo.Durante a maior parte da súa carreira, Charlotte adicouse á sostibilidade e ao uso dos negocios como unha forza para o cambio. Conta con máis dunha década de experiencia traballando en RSE no Reino Unido, ademais de xestionando e creando instalacións sostibles como estratexias para unha execución e avaliación efectivas.É membro do Instituto de Xestión e Avaliación Ambiental (IEMA), así como formadora capacitada en SROI e conselleira oficial de Social Value UK (antes SROI Network). Podes atopala en:Páxina webLinkedinTwitterInstagramSpotifyiTunesA quen está dirixido?A pymes, startups e outras empresas e/ou organizacións interesadas en coñecer e aplicar os ODS e medrar no mercado global.Como o faremos?Despois de entrar en materia durante o almorzo, teremos unha sesión interactiva trala cal xeraremos un debate sobre os ODS.Como me inscribo?Soamente tes que facer clic no botón azul para rexistrarte!

Pazo de Arenaza
Pazo de Arenaza - Iñás, Oleiros (Map)

Cada vez vivimos nun mundo máis e máis conectado. A loita polo talento e o cambio climático non son só desafíos que acontecen en lugares afastados. Aínda estamos a tempo de afrontar riscos e crear novas oportunidades.

No 2015, as Nacións Unidas impulsaron os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) como unha ferramenta para crear un mundo mellor para todas as persoas. Cada vez máis empresas analizan a súa situación con respectos aos ODS e tentan incluílos na súa estratexia.

Que podes facer ti para mellorar a xestión da túa empresa neste eido?

Que imos facer?

Nesta sesión descubriremos por que son tan importantes os ODS e como podemos implementalos nos nosos negocios e proxectos, coñecendo os beneficios que podemos obter aplicándoos. Ademais, veremos como está o contexto empresarial internacional e a RSE do Reino Unido.

Quen o imparte?

 Charlotte Österman - Socia e Directora de Desenrolo Sostible en Pax Tecum Global Consultancy

Charlotte é directora de Desenvolvemento Sostible en Pax Tecum Global Consultancy, unha consultoría especializada en diplomacia e desenvolvemento internacional que apoia a organizacións na creación de proxectos e negocios sostibles arredor do mundo.
Durante a maior parte da súa carreira, Charlotte adicouse á sostibilidade e ao uso dos negocios como unha forza para o cambio. Conta con máis dunha década de experiencia traballando en RSE no Reino Unido, ademais de xestionando e creando instalacións sostibles como estratexias para unha execución e avaliación efectivas.
É membro do Instituto de Xestión e Avaliación Ambiental (IEMA), así como formadora capacitada en SROI e conselleira oficial de Social Value UK (antes SROI Network).
 

Podes atopala en:

Páxina web

Linkedin

Twitter

Instagram

Spotify

iTunes

A quen está dirixido?

A pymes, startups e outras empresas e/ou organizacións interesadas en coñecer e aplicar os ODS e medrar no mercado global.

Como o faremos?

Despois de entrar en materia durante o almorzo, teremos unha sesión interactiva trala cal xeraremos un debate sobre os ODS.

Como me inscribo?

Soamente tes que facer clic no botón azul para rexistrarte!

Be the first one to leave a comment!