Tech Days - Digital Transformation Day

Oíches falar da transformación dixital, pero non tes moi claro o que é?Gustaríache aproveitar as novas tecnoloxías para facer medrar o teu proxecto?Volvemos cunha nova edición dos Tech Days para afondar un pouco máis nas tecnoloxías da transformación dixital. A transformación dixital supón un cambio na sociedade coa integración das tecnoloxías dixitais. Estas aplícanse nas empresas co obxectivo de mellorar a eficiencia dos procesos, mellorar as experiencias e xerar novas oportunidades de negocio. Que imos facer?Nesta xornada, organizada polo ICOIIG, imos coñecer en profundidade algunhas das tecnoloxías máis punteiras da Industria 4.0 e o funcionamento da mesma:- O humano na Transformación Dixital- Cadea de valor 4.0- Evolución vs. Disrupción- Xemelgos DixitaisQuen o imparte?Pablo Pérez VázquezDirector de Xestión no ICOIIG. Enxeñeiro Industrial na rama de Organización, conta con experiencia na xestión comercial, o project management e a dirección estratéxica, especializándose na negociación e a xestión.Marcelo TouralCEO en Krack Zapaterías. Enxeñeiro Industrial con máis de dezasete anos de experiencia, está especializado en Supply Chain e Business Process Improvement. Ademais, foi profesor na Universitat Oberta de Catalunya e colaborou con diversas compañías.Daniel Prieto RendaCEO en Soltec. Doutor en Enxeñería Industrial pola Universidade de Vigo e Director Xeral de Soltec Ingenieros, conta cunha gran experiencia no mundo da enxeñería. Actualmente exerce de presidente na Asociación Galega de Empresas de Enxeñería, Consultoría e Servizos Tecnolóxicos (AGEINCO).A quen está dirixido?A calquera persoa con interese no tema proposto.Como o faremos?Será unha xornada dividida en bloques, nos cales falaremos dunha tecnoloxía determinada.9:30 - O humano na Transformación Dixital - Pablo Pérez Vázquez10:30 - Cadea de valor 4.0 - Marcelo Toural11:30 - Café12:00 - Evolución vs. Disrupción - Daniel Prieto Renda13:00 - Xemelgos Dixitais - Daniel Prieto Renda14:00 - Networking e ViñoComo me inscribo?Só tes que premer no botón azul para rexistrarte!

Pazo de Arenaza
Pazo de Arenaza - Iñás (Oleiros) (Map)

Oíches falar da transformación dixital, pero non tes moi claro o que é?

Gustaríache aproveitar as novas tecnoloxías para facer medrar o teu proxecto?

Volvemos cunha nova edición dos Tech Days para afondar un pouco máis nas tecnoloxías da transformación dixital. A transformación dixital supón un cambio na sociedade coa integración das tecnoloxías dixitais. Estas aplícanse nas empresas co obxectivo de mellorar a eficiencia dos procesos, mellorar as experiencias e xerar novas oportunidades de negocio. 

Que imos facer?

Nesta xornada, organizada polo ICOIIG, imos coñecer en profundidade algunhas das tecnoloxías máis punteiras da Industria 4.0 e o funcionamento da mesma:

- O humano na Transformación Dixital
- Cadea de valor 4.0
- Evolución vs. Disrupción
- Xemelgos Dixitais

Quen o imparte?

Pablo Pérez Vázquez
Director de Xestión no ICOIIG. Enxeñeiro Industrial na rama de Organización, conta con experiencia na xestión comercial, o project management e a dirección estratéxica, especializándose na negociación e a xestión.

Marcelo Toural
CEO en Krack Zapaterías. Enxeñeiro Industrial con máis de dezasete anos de experiencia, está especializado en Supply Chain e Business Process Improvement. Ademais, foi profesor na Universitat Oberta de Catalunya e colaborou con diversas compañías.

Daniel Prieto Renda
CEO en Soltec. Doutor en Enxeñería Industrial pola Universidade de Vigo e Director Xeral de Soltec Ingenieros, conta cunha gran experiencia no mundo da enxeñería. Actualmente exerce de presidente na Asociación Galega de Empresas de Enxeñería, Consultoría e Servizos Tecnolóxicos (AGEINCO).

A quen está dirixido?

A calquera persoa con interese no tema proposto.

Como o faremos?

Será unha xornada dividida en bloques, nos cales falaremos dunha tecnoloxía determinada.

9:30 - O humano na Transformación Dixital - Pablo Pérez Vázquez
10:30 - Cadea de valor 4.0 - Marcelo Toural
11:30 - Café
12:00 - Evolución vs. Disrupción - Daniel Prieto Renda
13:00 - Xemelgos Dixitais - Daniel Prieto Renda
14:00 - Networking e Viño

Como me inscribo?

Só tes que premer no botón azul para rexistrarte!
Be the first one to leave a comment!