Ciclo Comparte os Teus Saberes: TECER | Un oficio, mil posibilidades con La Mujer Araña

Tecer é unha habilidade que nos permite confeccionar as nosas propias prendas de roupa, liberándonos dos circuítos da moda rápida e o seus canons de beleza estereotipados. É unha ferramenta de autosuficiencia téxtil. 

Así mesmo, na era do estrés, é unha actividade que proporciona innumerables beneficios, tanto físicos como emocionais e sociais. Incluso hai quen soubo ver nel unha vía para a expresión artística!

Que imos facer?

No ciclo 'Comparte os teus saberes', xestionado por Kibutz Cooperativa Galega, coñeceremos máis sobre a arte de tecer e compartiremos unha amena charla con Verónica Novoa, La Mujer Araña.

Quen o imparte?

La Mujer ArañaVerónica Nóvoa - La Mujer Araña
Dende o 2012, Verónica dedícase a formar a novas tecedoras e tecedores. Ademais, imparte clases regulares e obradoiros monográficos, onde transmite os seus coñecementos sobre a confección en punto. La Mujer Araña proporciona iniciativas orientadas ao desenvolvemento social: espazo onde compartir experiencias e tecer comunidade con bolas de fío e charlas. O seu propósito é visibilizar o tecido como verdadeiro oficio artesá e ferramenta de autosuficiencia téxtil, unha actividade que proporciona enormes beneficios a quen a practica.

A quen está dirixido?

A calquera persoa con interese no tema proposto.

Como o faremos?

Este taller está organizado por Kibutz Cooperativa Galega e a actividade ten un prezo establecido:

- 0€ socias/os da Comunidade de Kibutz.
- 5€ non socias/os da Comunidade de Kibutz.

Os materiais xa están incluídos.

Como me inscribo?

Para rexistrarte, tes que reservar a túa praza premendo en Inscrición

Sé el primero en dejar un comentario