Oíches falar da transformación dixital, pero non tes moi claro o que é? Gustaríache aproveitar as novas tecnoloxías para facer medrar o teu proxecto?Volvemos cunha nova edición dos Tech Days para afondar un pouco máis nas tecnoloxías da transformación dixital. A transformación dixital supón un cambio na sociedade coa integración das tecnoloxías dixitais. Estas aplícanse nas empresas co obxectivo de mellorar a eficiencia dos procesos, mellorar as experiencias e xerar novas oportunidades de negocio. Nesta ocasión falaremos, entre outros temas, de Building Information Modelling (BIM), Impresión 3D e Xestión de PyMEs con ferramentas dixitais. Non o podes perder!Que imos facer?Nesta xornada, organizada polo ICOIIG, imos coñecer en profundidade algunhas das tecnoloxías máis punteiras da Industria 4.0 e o funcionamento da mesma. En concreto, as temáticas tratadas serán as seguintes:Aplicacións da Impresión 3DFerramentas para xestionar dixitalmente as PyMEsBuilding Information Modelling: unha panorámica á tecnoloxía que está a revolucionar o sector AECQuen o imparte?Guillermo BlancoResponsable de I3D Atlántico, o maior centro de impresión 3D galego integrado na cadea Tr3sDland, que á súa vez é a maior rede española de centros profesionales especializados en tecnoloxías 3D.Guillermo TaboadaSocio Fundador de PLAAM, unha plataforma colaborativa con máis de 25 módulos que permite xestionar un negocio de forma íntegra nunha única plataforma. Membro do Consello Directivo do World Happiness Fest 2020 e socio fundador de Interim Manager Consulting.Miguel PicadoBIM Manager, Formador BIM e consultor con amplos coñecementos nas últimas tecnoloxías dentro do sector AEC. Socio Fundador de TeamBIM, unha consultoría especializada en implementar a tecnoloxía BIM en estudios de Arquitectura, optimizando fluxos de traballo e maximizando a produtividade ao combinar o BIM con metodoloxías Agile como Scrum ou Kanban.Como o faremos?A xornada estará dividida en diferentes bloques ou temas, mostrando exemplos prácticos e usos reais das tecnoloxías:10:00 - Aplicacións de Impresión 3D - Guillermo Blanco11:00 - Ferramentas para xestionar dixitalmente as PyMEs - Guillermo Taboada12:00 - Pausa-Café12:30 - Building Information Modelling: unha panorámica á tecnoloxía que está revolucionaod o sector AEC - Miguel Picado13:30 - Petiscos da man de La Casa de la AldeaComo me inscribo?Só tes que premer no botón azul para rexistrarte!
Oíches falar da transformación dixital, pero non tes moi claro o que é? Gustaríache aproveitar as novas tecnoloxías para facer medrar o teu proxecto?
Volvemos cunha nova edición dos Tech Days para afondar un pouco máis nas tecnoloxías da transformación dixital. A transformación dixital supón un cambio na sociedade coa integración das tecnoloxías dixitais. Estas aplícanse nas empresas co obxectivo de mellorar a eficiencia dos procesos, mellorar as experiencias e xerar novas oportunidades de negocio.
Nesta ocasión falaremos, entre outros temas, de Building Information Modelling (BIM), Impresión 3D e Xestión de PyMEs con ferramentas dixitais. Non o podes perder!Que imos facer?
Nesta xornada, organizada polo ICOIIG, imos coñecer en profundidade algunhas das tecnoloxías máis punteiras da Industria 4.0 e o funcionamento da mesma. En concreto, as temáticas tratadas serán as seguintes:
Aplicacións da Impresión 3D
Ferramentas para xestionar dixitalmente as PyMEs
Building Information Modelling: unha panorámica á tecnoloxía que está a revolucionar o sector AEC
Quen o imparte?
Responsable de I3D Atlántico, o maior centro de impresión 3D galego integrado na cadea Tr3sDland, que á súa vez é a maior rede española de centros profesionales especializados en tecnoloxías 3D.
Guillermo Taboada
Socio Fundador de PLAAM, unha plataforma colaborativa con máis de 25 módulos que permite xestionar un negocio de forma íntegra nunha única plataforma. Membro do Consello Directivo do World Happiness Fest 2020 e socio fundador de Interim Manager Consulting.
Miguel Picado
BIM Manager, Formador BIM e consultor con amplos coñecementos nas últimas tecnoloxías dentro do sector AEC. Socio Fundador de TeamBIM, unha consultoría especializada en implementar a tecnoloxía BIM en estudios de Arquitectura, optimizando fluxos de traballo e maximizando a produtividade ao combinar o BIM con metodoloxías Agile como Scrum ou Kanban.
Como o faremos?
A xornada estará dividida en diferentes bloques ou temas, mostrando exemplos prácticos e usos reais das tecnoloxías:
- 10:00 - Aplicacións de Impresión 3D - Guillermo Blanco
- 11:00 - Ferramentas para xestionar dixitalmente as PyMEs - Guillermo Taboada
- 12:00 - Pausa-Café
- 12:30 - Building Information Modelling: unha panorámica á tecnoloxía que está revolucionaod o sector AEC - Miguel Picado
- 13:30 - Petiscos da man de La Casa de la Aldea