Desliando a Lei: Os primeiros pasos como Autónoma Tes dúbidas con respecto á xestión administrativa da túa empresa?
Non entendes como facer determinados procedementos e trámites?
Neste taller a nosa Xest-Hora resolverá as dúbidas máis típicas ao comezar a nosa actividade empresarial.

Que imos facer?

Neste taller teórico coñeceremos os precesos iniciais para darnos de alta como autónoma/freelance, ademáis das primeiras obligacións con Facenda e coa Seguridade Social. Daremos a coñecer as posibles obligacións fiscais no exercicio da actividade, dando resposta ás dúbidas iniciais de calquera actividade: gastos deducibles e facturación.

Quen o imparte?

 
Ana Belén Muñiz VeraAna Belén Muñiz Vera
Ana forma parte do equipo de asesoramento empresarial do Pazo de Arenaza. É Licenciada en Administración e Dirección de Empresas pola Universidade de A Coruña. Dedicada á xestión administrativa e ao asesoramento de empresas e profesionais autónomos, o que compatibiliza tamén coa sua actividade formadora.
Tras traballar por conta allea como xestora administrativa, en 2013 decidiu montar o seu propio despacho co obxectivo de ofrecer un servizo de asesoramento con valor engadido no que se valore a rendibilidade do mesmo, sen que só sexa considerado un mero coste.
 

A quen está dirixido?

A tod@ @s coworkers e a calquera persoa que teña algunha dúbida na súa xestión administrativa e queiran aprender como atallalo.

Como me inscribo?

Soamente tes que facer clic no botón azul para rexistrarte!

Sé el primero en dejar un comentario