Algunha vez te plantexaches o que supón traballar pola túa conta? É tan 'guay' como din traballar dende a casa?Que vantaxes ten ser freelance no mercado laboral de hoxe en día?Como podemos facer para competir con grandes corporacións e empresas dende a soidade do noso posto de coworking?Estas e outras preguntas son as que nos formularemos no #FreelancersDay 2019. A iniciativa nace de Jaime Aranda, o inquedo detrás de WorkInCompany, e a día de hoxe ten confirmadas oito sedes distintas. En A Coruña WeKCo e Pazo de Arenaza organizaremos un evento que queremos que sirva como punto de encontro de profesionais que disfrutan e sofren nas súas propias carnes o que supón ser freelance. Apunta o día: o xoves 4 de xullo xuntarémonos centos de persoas en coworkings de toda España para compartir experiencias, conectar entre nós e celebrar o Día do Orgullo Freelance!Que imos facer?Mediante píldoras, debates e relatorios tocaremos todo o que nos afecta como Freelancers:Novo paradigma laboral.Primeiros pasos como independente.Trámites legaiss. Financiación e fiscalidade.Transformación dixital.Posicionamento de marca persoal.Xeración de contidos.Comercio electrónico e infoprodutos.Servizos, produtos e vendas.Conciliación, benestar e estilo de vida.Xestión do tempo e produtividade.Traballo en remoto e nómadas dixitais.Formación e desenvolvemento profesional.Innovación e emprendemento.Networking e xestión de clientes.Como é o formato?Non cremos nas charlas largas e pesadas, así que todas os relatorios serán píldoras de 20-25 minutos cun descanso posterior que nos permita coñecernos e falar sobre o tema formulado. Tamén nos parece interesante ter un debate participativo e estamos barallando outros formatos que revelaremos proximamente.Quen o imparte?Contaremos con xente estupenda que sabe o que significa emprender e ser freelance. Queres saber os seus nomes? Pois accede a coruna.freelancersday.net para ver en detalle de qué vai esta aventura! Ana MuñizEdu RubianesAngélica VidalPatricia ParísManolo RodríguezHaizea de PedroE se quero asistir como participante?Agotadas as entradas presenciais! Completamos o aforo presencial no Pazo, así que non podemos aceptar novos rexistros. De todas formas, habilitaremos un streaming para visualizar en directo todas as píldoras. Para estar informad@ de como acceder a este streaming, rexístrate no botón azul e reserva a Entrada para Streaming!Organizan Colabora
Algunha vez te plantexaches o que supón traballar pola túa conta? É tan 'guay' como din traballar dende a casa?
Que vantaxes ten ser freelance no mercado laboral de hoxe en día?
Como podemos facer para competir con grandes corporacións e empresas dende a soidade do noso posto de coworking?
Estas e outras preguntas son as que nos formularemos no #FreelancersDay 2019. A iniciativa nace de Jaime Aranda, o inquedo detrás de WorkInCompany, e a día de hoxe ten confirmadas oito sedes distintas. En A Coruña WeKCo e Pazo de Arenaza organizaremos un evento que queremos que sirva como punto de encontro de profesionais que disfrutan e sofren nas súas propias carnes o que supón ser freelance. Apunta o día: o xoves 4 de xullo xuntarémonos centos de persoas en coworkings de toda España para compartir experiencias, conectar entre nós e celebrar o Día do Orgullo Freelance!
Que imos facer?
Mediante píldoras, debates e relatorios tocaremos todo o que nos afecta como Freelancers:
- Novo paradigma laboral.
- Primeiros pasos como independente.
- Trámites legaiss. Financiación e fiscalidade.
- Transformación dixital.
- Posicionamento de marca persoal.
- Xeración de contidos.
- Comercio electrónico e infoprodutos.
- Servizos, produtos e vendas.
- Conciliación, benestar e estilo de vida.
- Xestión do tempo e produtividade.
- Traballo en remoto e nómadas dixitais.
- Formación e desenvolvemento profesional.
- Innovación e emprendemento.
- Networking e xestión de clientes.
Como é o formato?
Non cremos nas charlas largas e pesadas, así que todas os relatorios serán píldoras de 20-25 minutos cun descanso posterior que nos permita coñecernos e falar sobre o tema formulado. Tamén nos parece interesante ter un debate participativo e estamos barallando outros formatos que revelaremos proximamente.
Quen o imparte?
Contaremos con xente estupenda que sabe o que significa emprender e ser freelance. Queres saber os seus nomes? Pois accede a coruna.freelancersday.net para ver en detalle de qué vai esta aventura!
![]() Ana Muñiz | ![]() Edu Rubianes | ![]() Angélica Vidal |
![]() Patricia París | ![]() Manolo Rodríguez | ![]() Haizea de Pedro |
E se quero asistir como participante?
Agotadas as entradas presenciais!Completamos o aforo presencial no Pazo, así que non podemos aceptar novos rexistros. De todas formas, habilitaremos un streaming para visualizar en directo todas as píldoras. Para estar informad@ de como acceder a este streaming, rexístrate no botón azul e reserva a Entrada para Streaming!