Oíches falar da transformación dixital, pero non tes moi claro o que é?
Gustaríache aproveitar as novas tecnoloxías para facer medrar o teu proxecto?Dentro dos Tech Days do Pazo de Arenaza, recibimos en Oleiros a xornada 'Digital Transformation Days' para profundizar neste cambio que se está dando en todos os sectores.
A transformación dixital supón un cambio na sociedade coa integración das tecnoloxías dixitais. Estas aplícanse nas empresas co obxectivo de mellorar a eficiencia dos procesos, mellorar as experiencias e xerar novas oportunidades de negocio.
Que imos facer?
Nesta xornada, organizada polo ICOIIG, imos coñecer en profundidade algunhas das tecnoloxías máis punteiras da Industria 4.0 e como poden aplicarse para obter un beneficio na nosa empresa:
- Big Data- Ciberseguridade
- Blockchain
- Realidade Aumentada
- Intelixencia Artificial
Quen o imparte?
Guillermo López TaboadaCEO e Co-fundador de Torusware, empresa que desenvolve solucións tecnolóxicas Big Data e DeveOps. Ademais, é profesor asociado de Enxeñería Informática na Universidade da Coruña.
Rafael Villaverde
CEO de Infonet, empresa dedicada a servizos e solucións TIC e especialistas en soporte técnico, transformación dixital e ciberseguridade.
Daniel Cerqueiro
Experto en Marketing e Transformación Dixital, é CMO e Director de Procesos en Docuten, empresa con sede en A Coruña e Madrid que proporciona servizos de firma dixital, factura electrónica e cobros, automatizando o ciclo de documentos de negocio.
Xoel Vázquez
CEO de Xoia Software Development, empresa arraigada no sector da realidade aumentada e virtual que desenvolve produtos para todos os sectores.
Eduardo San Miguel
Con máis de quince anos de experiencia en diversos sectores, é experto en Business Intelligence e Big Data. Actualmente encárgase da área de Intelixencia Artificial en Barkibu.
A quen está dirixido?
A calquera persoa con interese no tema proposto.
Como o faremos?
Será unha xornada dividida en bloques, nos cales falaremos dunha tecnoloxía determinada.
9:00 - O Big Data10:00 - Ciberseguridade
11:00 - Café
11:30 - Blockchain
12:30 - Realidade Aumentada
13:30 - Intelixencia Artificial
14:30 - Networking e Viño
Como me inscribo?
Para rexistrarte tes que cubrir o seguinte formulario:
https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSc9cD68ISJaCn9dcRBTcdKefOPQIjpM_TQ4agWArH5gxoguHQ/viewformTamén podes rexistrarte no botón azul e esperar a que te mandemos a confirmación xunto co enlace ao teu correo electrónico!