Non entendes como facer determinados procedementos e trámites?
Todos os mércores teremos o asesoramento dunha experta xestora para axudarte con todas esas complicacións que se che presenten nos teus proxectos.
Que imos facer?
Expoñer todas esas dúbidas e inquedanzas en materia de xestións administrativas para a túa empresa ou proxecto, incidindo en diferentes materias e solventándoo dunha maneira instructiva.Quen o imparte?

Ana forma parte do equipo de asesoramento empresarial do Pazo de Arenaza. É Licenciada en Administración e Dirección de Empresas pola Universidade de A Coruña. Dedicada á xestión administrativa e ao asesoramento de empresas e profesionais autónomos, o que compatibiliza tamén coa sua actividade formadora.
Tras traballar por conta allea como xestora administrativa, en 2013 decidiu montar o seu propio despacho co obxectivo de ofrecer un servizo de asesoramento con valor engadido no que se valore a rendibilidade do mesmo, sen que só sexa considerado un mero coste.